Padrón, 3 de marzo do 2018 – O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presentou na Cidade da Cultura o programa de actos da Pascua de Padrón 2018 que terá como pregoeira á actriz, nada na vila, Cristina Castaño.
Na presentación da Pascua participaron tamén os concelleiros Lorena Dopazo e Anxo Rodríguez, a directora da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. Lindeiros falaba co alcalde e comezaba preguntándolle polo que supón para o concello a que sen dúbida é a festa máis importante do ano
Tamén nos explicaba que o pequeno conflito xurdido cos vendedores de Herbón tratábase dun tema de seguridade que está solventado
En canto as novidades a principal e a pregoeira, unha muller e de Padrón, a actriz Cristina Castaño
Rematamos a conversa sabendo que onde mellor o pasa o alcalde e acudindo cos cativos a disfrutar das atraccións
A programación
As Festas da Pascua de Padrón inclúen preto dun cento de actividades durante 18 días entre o 24 de marzo e o 14 de abril.
En canto á programación no eido deportivo celebraranse competicións de fútbol -base e afeccionado-, fútbol sala, xadrez, tenis, ciclismo, un Día do Baloncesto coa presenza de xogadores do Monbús-Obradoiro CAB (28 de marzo) e ata unha velada de boxeo (6 de abril).
Espectáculos de música pop, heavy e djs
No apartado musical, ademais da participación de nove orquestras e de varias agrupacións folclóricas da bisbarra, haberá tres espectáculos destacados: o 31 de marzo celebrarase o Festival Pop Tour Padrón 2018 coa actuación dunha formación integrada por Miguel Costas (Siniestro Total), Santi Sánchez e Amigos (ex de Los Inhumanos), Carmelo López (El Norte) e Juanra (Guaraná); o día 2 de abril está programado un concerto do grupo heavy-rock Astarot, de Cangas do Morrazo; e o día 6 de abril, venres de Pascuilla, actuará o grupo Eladio y los Seres Queridos e haberá unha Noite Dj Indie coa participación de Amatria Dj, Dorian Dj, Florent y Yo Dj Set e Groove Amigos + Blvckr.
Feira Cabalar e días de Santiago e Rianxo
A programación de actividades tamén dá continuidade a outras tradicións propias da Pascua padronesa, como é a Feira Cabalar no Campo da Barca o domingo 1 de abril, na que se repartirán máis de 2.000 euros en premios nos diferentes concursos morfolóxicos; a XLVIII Feira-Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial; os pasarrúas con xigantes e cabezudos; o Día de Santiago (2 de abril, luns de Pascua) e o Día de Rianxo (3 de abril, martes de Pascua).