Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Presemtada a `programación do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán

A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega presentación a programación anual do Día das letras Galegas, dedicado este ano a A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega Florencio Delgado Gurriarán.
LETRAS_GALEGGAS

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 31 de marzo do 2022 – A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega presentación a programación anual do Día das letras Galegas, dedicado este ano a A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega Florencio Delgado Gurriarán.
    • Comarca de Valdeorras

Compostela, 31 de marzo do 2022 – A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega presentación a programación anual do Día das letras Galegas, dedicado este ano a A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega Florencio Delgado Gurriarán.

A planificación reúne accións no ámbito literario, expositivo, deportivo, musical, escénico, académico e escolar. O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, celebrou a decisión de homenaxear no Día Das Letras Galegas a un home “irrepetible cunha vida dedicada á nosa terra e ás nosas letras que desenvolveu un enorme labor na promoción da lingua e a cultura galegas desde o exilio”

Serán máis de 150 actividades dedicadas á figura do poeta, tradutor, editor, escritor e activista Florencio Delgado Gurriarán. A programación ten como obxectivo renderlle tributo, dar a coñecer e poñer en valor a vida, a figura e a obra do autor de Valdeorras. Están pensadas para toda a cidadanía e desenvolveranse ao longo de todo o ano, con especial atención ao propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

Durante a presentación da programación, que tivo lugar na Cidade da Cultura, Román Rodríguez gabou a elección da RAG ao escoller a Delgado Gurriarán como homenaxeado, pois “xogou un papel esencial na divulgación da nosa lingua e a nosa cultura ao longo do século XX” ao tempo que “desenvolveu un fondo compromiso político e democrático nunha época convulsa”.

O conselleiro tamén destacou a “ampla programación conxunta con máis de 150 iniciativas en Galicia e no exterior que, como cada ano, irán medrando nas próximas semanas e meses” e que se desenvolverán desde a Xunta de Galicia  coa colaboración de “diferentes axentes culturais e institucións”.
Exposicións, lecturas públicas e concursos

A programación das Letras Galegas 2022 incluirá proxectos expositivos como Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de Ensoños, promovido pola Xunta en colaboración coa editorial Galaxia, ou Compromiso na distancia, que percorrerá 10 localidades galegas entre maio e decembro. Son dúas mostras ás que se suman outras moitas como as gañadoras do Concurso-exposición Letras Galegas ou as mostras que acollerán os centros da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Outro dos aspectos que caracteriza cada ano a celebración desta efeméride é o seu carácter participativo. Para iso, impulsaranse accións nas que buscar a implicación de toda a sociedade, como lecturas públicas, concursos de podcast ou a tradicional Carreira das Letras.

Neste senso, haberá espectáculos tales como o teatro de obxectos Tras os vieiros de Florencio, da man da compañía Fantoches Baj; actuacións musicais, como a 40º edición do festival Festiletras, en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal; obradoiros nas bibliotecas públicas, como Versos, cores e colaxes, impartido por María Lires; contacontos, como O garoto de Ipanema, a cargo de Caxoto, ou especiais na CRTVG que, entre outros programas, emitirá durante todo o mes de maio as micropezas Polos vieiros de Florencio.

Comarca de Valdeorras

Xa desde o punto de vista educativo, “porase en marcha unha iniciativa innovadora en colaboración cos concellos da comarca de Valdeorras”, anunciou o conselleiro. En concreto, desenvolveranse rutas educativas pola comarca para dar a coñecer os principais puntos de interese artístico, histórico, social e cultural do lugar.

No eido educativo tamén se manterá o traballo dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino, cuxos recursos máis destacados poderán consultarse no Portal da Lingua Galega.

Pola súa banda, no ámbito académico, manteranse citas habituais como o simposio organizado pola Xunta e a RAG, centrado na personalidade e na obra literaria do autor.

Por último, o responsable de Cultura e Educación, resaltou o “papel fundamental que terá a programación das Letras Galegas no exterior, dado o enorme labor que desenvolveu o homenaxeado á hora de promover a lingua e cultura galega desde o exilio”, de xeito que pode considerarse “un símbolo do importantísimo papel que durante anos xogou e aínda segue xogando a colectividade galega no exterior”. Esta programación incluirá desde festivais culturais en Nova York e México ata as actividades promovidas polos Centros de Estudos Galegos repartidos polos diferentes continentes.

 

Post navigation

Previous: Comeza o mes da Danza en Ames
Next: Remata a parcelaria de Beán Pereira no concello de Ordes

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.