Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames
  • Compostela
  • Oroso
  • Tordoia
  • Trazo

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

A contaminación provén dunha fosa de xurros e preocupa que o vertido chegue ao Tambre.

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026

Bisbarra, 17/09/2026 – O vertido de xurros producido en Tordoia o pasado día 14 segue preocupando. O avance é lento pero os concellos ameazados preparanse por si remata por afectar ás traídas municipais.

O vertido comezou pola rotura dunha das paredes de formigón dunha fosa de xurros. A fosa pertence a unha explotación gandeira de Santa María de Gorgullos en Tordoia e foi construída no ano 2020. A fs contén máis dun millón de litros de xurros dos que cerca de 300.000 acabaron nos ríos Bustelo, Paradela y Lengüelle.

O Lengüelle é o que máis preocupa xa que é un afluente do Tambre, do que capta auga Santiago e coa que serve tamén ao Milladoiro. Polo momento o avance do vertido é lento pero Compostela ten aberto un comité de crise que se reunía este mércores a última hora.

O comité  valorou a evolución do vertido que “segundo os datos do servizo de Santiago, está tendo un avance lento”. Fixéronse previsións para un eventual corte de subministración e tamén para a protección da rede municipal contra a contaminación e a perda de presión.

O comite de coordinación santiagués tamén solicitou por escrito a Augas de Galicia “información e valoración técnica sobre a evolución do vertido, a previsión de chegada ao Tambre, as medidas adoptadas e de monitorización e a coordinación operativa”.

Visita da Conselleira de Medio Ambiente

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, informou de que a Xunta, a través de Augas de Galicia “manterá o dispositivo de vixilancia, control e contención nos tramos fluviais que se viron afectados polo vertido de xurros, provocado pola rotura dunha balsa dunha explotación en Tordoia o pasado luns”.

Segundo explicou a conselleira, a Xunta manterá o seguimento da situación prestando especial atención á evolución da afección, á súa velocidade de transporte e á duración do episodio co obxectivo de detectar e previr calquera cambio ou incidencia que poida afectar á captación de abastecemento.

A conselleira estivo acompañada do director de Augas de Galicia, Roi Fernández, esubliñou que ata o de agora o vertido non afectou ao río Tambre e que a distancia estimada entre o punto máis avanzado onde se detectou a presenza de xurros e a captación de abastecemento de Santiago de Compostela é duns 20 quilómetros.

En este momento non hai afección para a auga potable de Tordoia e Santiago de Compostela, así como tampouco para a subministración dos concellos de Oroso e Trazo.

Con todo, Augas de Galicia garante a colaboración e apoio técnico se fose necesario adoptar medidas para garantir a seguridade do abastecemento, como a interrupción da captación e a utilización dos recursos de reserva dispoñibles, que, en todo caso, é unha competencia municipal.

A conselleira fixo un chamamento á prudencia xa que debido ao escaso caudal circulante nos ríos e ás baixas velocidades de transporte asociadas “cómpre agardar polo resultados das analíticas antes de emitir unha valoración definitiva e determinar se cómpre adoptar novas medidas de protección”.

Na actualidade séguen tomandose mostras e facendo análises dos distintos puntos de control establecidos nas canles afectadas, cuxos resultados permitirán avaliar con maior precisión a evolución da afección e determinar se o material contaminante xa mobilizado pode supoñer algún risco para a captación de abastecemento.

Unha vez coñecido o incidente, Augas de Galicia enviou de inmediato a persoal do Programa de control de vertidos para inspeccionar a zona e facer un seguimento sobre o terreo da evolución da situación.  

Ao comprobar que a extensión do vertido incluía o dominio público hidráulico do río Bustelo, mobilizáronse medios e recursos autonómicos, que se reforzaron cando a afección se estendeu augas abaixo cara aos ríos Paradela e Lengüelle.

En concreto, instaláronse media ducia de barreiras filtrantes de palla e están a traballar na zona seis tractores, dous camións cisterna de recollida, unha pala retroescavadora e unha minidumper, así como unha vintena de técnicos e persoal de Augas de Galicia. O obxectivo deste dispositivo é retirar o vertido depositado nas marxes, executar labores de limpeza do leito do río e reforzar os traballos de retirada do material acumulado.

Post navigation

Previous: Os docentes do CEIP de Portomouro, en Val do Dubra, fan de cociñeiros por unha baixa
Next: O IX Trail da Baña entra na Serie Ouro do Trail Running Galego

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.