Lousame, 27 de agosto do 2021 – O Comité de Empresa da planta de reciclaxe de Lousame pide a intervención da Xunta para garantir a continuidade do traballo e do modelo de xestión.
Ante a proximidade do fin do contrato coa empresa, os traballadores da planta de reciclaxe mostraron a súa preocupación polo futuro dos empregos. Ángel Brantuas é o presidente do Comité de Empresa
A planta esta xestionada pola Mancomunidade Serra do Barbanza da que forman parte como socios os concellos de Porto do Son, Noia, Lousame, Carnota, Muros e Brión. A planta de reciclaxe da servizo de recollida ademais a Ames, Pontecesures e Rois.
A planta ten o tamaño necesario para ser funcional e rentable pero o principal problema, explica Ángel Brantuas, é a falta de xestión en todos os anos que leva aberta
Resulta curioso que pese a todos estes problemas o traballo de reciclaxe que fai a plante será dentro de pouco obrigatorio polas novas normas que pensa impoñer a Unión Europea
A planta está xestionada na actualidade pola empresa FCC e o novo concurso para a xestión está previsto para o 2023. Os tres sindicatos que forman o Comité de Empresa, CCOO, UGT e CIG, veñen de convocar unha manifestación en Porto do Son o próximo domingo, 29 de agosto para defender o modelo e os empregos dos 160 traballadores da planta.
A xornada de mobilización comezará cunha caravana de coches ás 11:00 que partirá do porto deportivo de Portosín e rematará en Porto do Son. A seguir, ás 12:00, unha manifestación partirá da igrexa de Noal e rematará diante da casa consistorial sonense.