Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Preocupación pola interrupción do servizo da Telleira en Ames

O PP advirte do fin da concesión sen unha solución que garanta a continuidade do servizo na Telleira

Edificio da Telleira, en Bertamiráns, Ames

Ames, 17/06/2026 – A Telleira acolle en Bertamiráns as prácticas deportivas da veciñanza. A actual concesión outorgada polo goberno de Ames data do ano 2006.En este tempo o servizo contou con catro prórrogas e a última rematará en setembro.

O Partido Popular de Ames presentará unha moción para no seguinte Pleno na que insta ao goberno local a adoptar de maneira inmediata as medidas necesarias para garantir a continuidade do servizo deportivo que se presta nas instalacións municipais da Telleira.

Non se trata só de manter o servizo xa que tamén afecta aos traballadores vinculados a estas instalacións. O PP lembra que o goberno ten que adoptar unha solución que garanta a continuidade do servizo mentres se tramita unha nova concesión.

Os populares explican que “a Telleira leva preto de dúas décadas prestando servizo á veciñanza, converténdose nunha infraestrutura deportiva de referencia e desempeñando un papel fundamental na práctica deportiva, na conciliación familiar e na vida social de centos de persoas”.

Advirten tamén que “a preparación da futura concesión require a elaboración de informes técnicos, económicos e administrativos complexos, así como a redacción dos pregos e a tramitación dos procedementos de contratación correspondentes”.

Imaxes do interior do pavillón da Telleira en Bertamioráns, Ames

“O importante é que os usuarios teñan a certeza de que o servizo non se vai interromper nin un só día”, sinalan desde a formación popular. “A poucos meses do remate da actual prórroga, é necesario ofrecer garantías e planificar con responsabilidade a transición cara ao futuro modelo de xestión”.

A moción presentada solicita ao goberno municipal que inicie de inmediato os trámites necesarios para licitar un contrato ponte específico e temporal, ou adoptar a fórmula legal máis axeitada, que permita asegurar a continuidade do servizo deportivo da Telleira ata a resolución definitiva da futura concesión.

Tamén reclamarán no pleno que se promovan espazos de diálogo e participación cos usuarios, entidades afectadas e traballadores vinculados ao servizo para informar sobre a evolución do proceso e o futuro modelo deportivo municipal.

Post navigation

Previous: Un ano máis Boqueixón recolle o Lume Sagrado
Next: Denuncian en Ames o “abandono” de comedores escolares

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.