Lousame, 17 de xuño do 2021 – Preocupación entre os traballadores da planta de residuos, situada en Lousame, pola futuro da instalación.
O Comité de Empresa da concesionaria da planta, FCC, concentrouse o pasado martes en Porto do Son. A protesta coincidiu coa celebración dunha da xunta extraordinaria da Mancomunidade da Serra do Barbanza.
Os traballadores amosaron a súa preocupación ante diversas filtracións que apuntaban a un posible cambio no modelo de xestión e o seu impacto no emprego. Na xunta celebrada a dirección da Mancomunidade pasou de Luís Oujo, alcalde do Son, a Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota. Pablo Lago, alcalde de Brión, ao que lle correspondía a quenda renunciou ao posto por motivos personais.
Desmentido da Mancomunidade
Os traballadores foron recibidos antes e despois da Xunta Extraordinaria. Segundo CCOO do Hábitat, a Mancomunidade manifestou que, polo momento, non pediu estudo ningún para cambiar o modelo de xestión. Non obstante, o novo presidente si confirmou que, rematando a concesión de FSCC en 2023, cabería a posibilidade de prorrogar a concesión ata cinco anos, o máximo permitido pola lei, período no que si se poderían estudar outros modelos que fagan viable a planta e garantan os postos de traballo.
Desde o comité de empresa pediron unha xuntanza formal co novo presidente da Mancomunidade nos próximos 15 días para poder dar certezas sobre unha planta que dá traballo a case 140 persoas.