Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Preocupación en Compostela polo “menudeo” de droga

policia-nacional-detencion-por-drogas-slide_dsc0040-23-octubre-2016_r

A preocupación polos chamados “narco pisos” en Compostela ven crecendo nos últimos meses, especialmente no Ensanche. As queixas amplíanse a toda a cidade por medio da Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago.

Para expoñer este problema representantes da Coordinadora de Compostela (Patricia Quintas, Emilio Santos, José Manuel Durán e Roberto Almuíña) reuníronse co subdelegado do Goberno Julio Abalde.

No encontro fíxose un repaso pola evolución do conflito social que supón a venda de drogas. Lembraron  as mobilización que as asociacións de veciños realizaron fai un ano para apoiar incondicionalmente aos residentes da zona de Santa Marta,  “conseguindo que se incrementase de forma moi importante a presenza policial ata conseguir desmantelar aquel supermercado da droga”.

Os representantes da Coordinadora de Compostela explicaron a Abalde que, a pesar da actuación nesta zona, apareceron novos puntos de venda de droga noutros barrios da cidade. “Vemos hoxe con alarma que o consumo de drogas e os puntos de venda esténdense a pisos por toda a cidade, desde o Ensanche ata Fontiñas, Galeras ou a Algalia de Abaixo, o que supón un grave problema para as numerosas comunidades de veciños afectadas”, explicaron os representantes dos veciños.

Os representantes veciñais expuxeron a preocupación que crea entre os veciños a presenza de menudeo de drogas nas proximidades de colexios e institutos de ensino medio, en particular nas zonas de Lamas de Abade e de Galeras; e tamén a situación dos indixentes que  dormen nos soportais de Correos e na Dársena de Xoan XXIII, onde tamén se vende droga.

Pola súa parte, Abalde manifestou que a Policía traballa de xeito continuo na loita contra o narcotráfico, pero recalcou que a Policía só pode entrar nos pisos con mandato xudicial ou se hai unha pelexa que fora previamente denunciada.

O subdelegado asegurou que o labor policial de persecución do tráfico de drogas faise de xeito continuo, pero os resultados tardan tempo en verse. Tamén quixo deixar claro que a vixilancia dos centros de ensino corresponde á Policía Local.

Denunciar

Julio Abalde explicou a importancia de facer denuncias diante da Policía, chamando ao 061, mediante a aplicación Alertcoops ou poñéndose en contacto co departamento de Participación Cidadá da Policía Nacional no teléfono 981 551 104 ou por mail santiago.participacion@policia.es).

Os representantes da Coordinadora de Compostela tamén comentaron na xuntanza que, aínda que o consumo de drogas abrangue aspectos policiais, sociais, sanitarios e educativos, non ven que ningunha administración asuma a dirección conxunta da loita contra o consumo de drogas, actuando a día de hoxe sen coordinación.

Para a Coordinadora queda claro o interese do Goberno e de Europa na loita contra o narcotráfico a gran escala, pero queda a dúbida se se persegue co mesmo interese o menudeo de drogas.

Concluíu que, ante a falta de respostas das administracións aos problemas co tráfico de drogas a pequena escala só cabe denunciar á Policía os incidentes e apoiar decididamente ás asociacións veciñais para que actúen diante das autoridades e medios de comunicación como altofalantes da veciñanza.

Post navigation

Previous: XXII Festa da Filloa da Pedra na Baña
Next: Santa Comba reduce a débeda en 1,6 millóns de euros

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.