Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Presentan aos finalistas do XXVIII Premio Arcebispo Juan de San Clemente

ies-rosalia-finalistas-premio-san-clemente-slide-24-maio-2024-(2)_r

Compostela, 24 de maio do 2024 – O IES Rosalía de Castro ven de anunciar os finalistas no premio de novela Arcebispo Juan de San Clemente nas tres categorías: lingua galega, lingua castelán e lingua estranxeira.

O Arcebispo Juan de San Clemente está organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Hotel Carioca, libro de Antón Riveiro Coello editado por Galaxia; Diario de dúas casas, título de María Villamarín do selo Euseino? Editores, e O ano das mazas, obra de Montse Ferreira Fervenza publicado por Xerais son as finalistas no apartado de novela en galego.

O San Clemente en lingua castelán decidirase entre La naturaleza secreta de las cosas de este mundo, novela do arxentino Patricio Pron editada por Anagrama; Literatura infantil, do chileno Alejandro Zambra e tamén editada por Anagrama; e No te veré morir, volume do andaluz Antonio Muñoz Molina lanzado por Seix Barral.

Para o galardón en idioma estranxeiro, as obras finalistas son: Una salida honrosa, do francés Éric Vuillard (Tusquets); Miradnos Bailar, da autora francomarroquí Leïla Slimani, e El retrato de casada, da británica Maggie O’Farrell (Libros del Asteroide).

Así se deu a coñecer nun acto coa prensa no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta,  Valentín García; o director do IES Rosalía de Castro, Xavier Mouriño; a xefa de departamento de Lingua Castelán do centro e coordinadora do Premio San Clemente, Marta Gende, e a profesora de Lingua Galega, Sira Vidal, quen falaron da escolla de finalistas e dos argumentos das obras.

Durante a presentación desta 28ª edición, lembrouse a singularidade deste galardón no que a decisión final recae, tras unha selección previa realizada por unha comisión conformada polo profesorado implicado do IES Rosalía de Castro, no alumnado de bacharelato do propio instituto compostelán e tamén doutros centros convidados a participar, tanto de Galicia coma do exterior.

“O alumnado é o auténtico protagonista destes galardóns, os alumnos e as alumnas conforman os xurados”, incidiu Gende, antes de engadir que en cada edición se invita a participar a institutos públicos de toda Galicia e de Europa e que o día da entrega os autores e autoras premiadas comparten convivencia e cea co alumnado.

Nesta 28ª edición, cuxas obras gañadoras se darán a coñecer no curso 2024/2025, participarán un total de  dez  centros:  o IES do Sar (Santiago), o IES de Brión (A Coruña), o IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra), o IES Gregorio Ordóñez (Sarria, Lugo) , o IES Universidade Laboral (Ourense), o IES Ramiro de Maeztu (Madrid), o Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), o Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen (Alemania),  a  Hockerill Anglo European College (Reino Unido) e o  IES Rosalía de Castro.

Esta mañá tamén houbo tempo para percorrer a historia destes galardóns, postos en marcha no ano 1993 da man da Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro e grazas ao impulso de profesores xa xubilados no centro, como o antigo director Ubaldo Rueda Maribel Martín, Margarita Prado e Rosa López.

Ao longo de case tres décadas, sinaturas tan reputadas como as de Paul Auster, Haruki Murakami, Antonio Tabucchi, José Saramago, Mario Vargas Llosa, Carmen Martín Gaite, Almudena Grandes, Manuel Rivas, María Reimóndez, Anxos Sumai ou Pedro Feijóo recibiron este galardón que, na pasada edición, levaron Sica Romero por Avelaíñas eléctricas; Brenda Navarro por Ceniza en la boca e Nell Leyson por La escuela de canto.

Post navigation

Previous: Augas fecais no paseo fluvial de Bertamiráns en Ames
Next: Frades pon en marcha un programa de compostaxe doméstica

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.