Compostela, 17 de febreiro do 2018 – Ao remate da rolda de prensa dos venres, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno, o alcalde Martiño Noriega confirmaba a presentación dunha denuncia polas ameazas recibidas.
O pregón do artista Carlos Santiago na apertura do Entroido de Compostela motivou moitas críticas en redes sociais e o posicionamento enfrontado de concello e arcebispado. Desde ambas institucións recoñecen que non afectará as relacións pero a polémico trouxo tamén ameazas de todo tipo ao alcalde e ao equipo de goberno. Ditas amezas foron feitas nas redes sociais pero tamén con chamadas a alcaldía, correos electrónicos e comentarios e xornais. O alcalde confirmaba este venres que todo será aportado nunha denuncia que se presentada en breve.
A relación co arcebispado
O alcalde considera a relación coa igrexa unha das catro patas institucionais da cidade xunto con Universidade, Xunta de Galicia e Concello
As ameazas
O alcalde cree que, no tema das amezas, non se pode pasar e que se teñen que adoptar medidas. Martiño lembra que xa no inicio da lexislatura recibiu ameazas que acabaron coa detención dunha persoa que está a espera de xuízo e para a que o fiscal pide dous anos de cárcere