Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“Vandalizan” a sede do PP en Santiago

pp santiago actos vandalicos SLDE 1 xullo 2025 (7)

O Partido Popular de Santiago esíxelle ao goberno do BNG que condene os actos vandálicos xa que varias das persoas levaban bandeiras e símbolos do seu partido.

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente e Adrián Villa, denunciaron en rolda de prensa, o ataque violento que se perpetrou na sede local desta formación e esixíronlle ao BNG que condene, de xeito claro, este actos.

José Ramón de la Fuente explicou que, “o pasado mércores 25, a sede do Partido Popular de Santiago foi obxecto de actos de vandalismo por un grupo de persoas, que se dedicaron a arrancar os carteis con información política propiedade do PP que estaban alí expostos, así mesmo, deixaron a reixa e a entrada invadida de carteis, pegatinas e mensaxes propias”.

Pola súa banda, Adrián Villa remarcou que “a pesar das imaxes e vídeos que puidemos ver todos, o goberno do BNG non condenou este ‘escrache´ á nosa sede e, o que é máis preocupante, non o condenou ante o Pleno municipal, polo que a alcaldesa perdeu unha magnífica oportunidade de exercer como representante de todos e de condenar os actos violentos que sufriu o Partido Popular, pero non quixo facelo”.

De la Fuente tamén insistiu en que “as imaxes son claras, non deixan lugar a dúbidas, posto que permiten visualizar como se concentran varias persoas, que portan bandeiras e material coa imaxe do BNG e da CIG, como arrancan a cartelería na porta e na situación que deixan a entrada a nosa sede”.

“Esiximos ao BNG, reiterou Villa, que indague se as persoas que se concentraron diante da sede do PP pertencen ao seu partido e, neste caso, as identifique e o poña en coñecemento da Policía Nacional, así mesmo, se esas persoas son militantes do BNG, reclamámoslle que as expulse da súa organización”.

Para o popular, “tratouse dun claro intento de intimidación política e estas accións supoñen unha evidente vulneración da convivencia democrática, se pretendían amedrentarnos, se equivocan, xa que feitos coma este non fai máis que reafirmar o noso compromiso coa defensa dos valores democráticos e co respecto do pluralismo político, ademais fortalecen a nosa vontade de seguir traballando pola veciñanza e a cidade de Santiago”.

Na súa intervención, De la Fuente subliñou que “non se tratou dunha concentración pacífica, xa que arrancaron carteis con información política propiedade do Partido Popular, que estaban expostos na entrada da sede. Neste momento, -engadiu- contamos con vídeos e fotografías que confirman estes feitos e que permiten comprobar que persoas vandalizaron a sede do PP”.

O edil popular tamén insistiu en que “as imaxes son claras, non deixan lugar a dúbidas, posto que permiten visualizar como se concentran varias persoas, que portan bandeiras e material coa imaxe do BNG e da CIG, como arrancan a cartelería na porta e na situación que deixan a entrada a nosa sede”.

Post navigation

Previous: Rematou a espera, a Rapa das Bestas de Sabucedo xa é BIC
Next: Compostela Incorpora o Pagamento Anticipado en distintos convenios

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.