O PP demandan arranxos na estrada que une o Polígono da Sionlla co núcleo da Sionlla de arriba, unha vía “que cada vez ten máis tráfico” a dicir dos populares.
A concelleira do Partido Popular Olaya Otero compostelá vén de solicitarlle ao goberno local que arranxe esta estrada estrada de Trasformarís, que pasa por Sionlla de Arriba e conecta a Nacional-550 co Polígono da Sionlla.

A concelleira demanda melloras en esta estrada por un aumento da densidade de tráfico que ademais inclúe vehículos “de grande tonelaxe o que sumado á súa total falta de mantemento converten esta pequena estrada rural de acceso ó polígono, no que poderiamos chamar unha autopista de alta perigosidade”.
Otero destaca “A inexistencia de beirarrúas en gran parte deste itinerario e tamén que, onde as hai, a cantidade de herba, maleza e lixo tenas engulido por completo, polo que na meirande parte da vía resulta difícil distinguir que o que alí hai sexa unha beirarrúa”.

A edil popular destacou que “os buratos e fochancas que invaden este vieiro son de gran profundidade, con pedras de gran tamaño soltas sobre o firme e, a isto, hai que engadir, a presenza de bocas de canalización de auga sen cubrir e sen ningún tipo de elemento protector ou de sinalización que advirta do perigo que aparellan”.
A popular remarcou que, “tal e como a veciñanza vén demandado é imprescindible que se leve a cabo unha intervención que adecúe esta vía ás súas necesidades actuais, que inclúa un asfaltado do pavimento e a construción de beirarrúas que garantan a seguridade dos transeúntes”.
Olaya Otero convida “ao goberno a achegarse á zona e comprobar a urxente necesidade de dar resposta as reivindicacións das veciñas e veciños desta aldea da Sionlla e recordámoslles que a súa obriga é traballar polo benestar da veciñanza compostelá”.