Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

O PP de Padrón buscará unha moción de censura imposible de conseguir

concello de Padrón

A xestora do PP de Padrón acorda explorar co BNG “calquera posibilidade remota” para cambiar o goberno pese a que os nacionalistas xa expresaron a súa negativa a esa posibilidade.

Alcalde e concelleiras Chus Campos (esquerda) e Ana Castro (dereita)

Os orzamentos vinculados á moción de confianza en Padrón levaron ao Partido Popular a intentar conseguir o apoio do BNG para unha moción de censura que cambie o goberno municipal.

Nun comunicado explican que a Xunta Xestora do Partido Popular de Padrón acordou explorar “calquera posibilidade por remota que sexa” de abrir unha canle de diálogo coa concelleira do BNG, Bea Rei, para “sondear as opcións” de artellar unha moción de censura que permita cambiar o goberno.

Desde  BNG de Padrón Beatriz Rei explica que do mesmo xeito que se sentan a falar co Psoe, están dispostos a sentarse co PP pero deixa claro que non hai ningunha posibilidade de que se acorde unha moción de censura.

O presidente da Xestora, Ángel Rodríguez Conde, asegura ser “perfectamente consciente” de que a edil nacionalista xa avanzou no pleno que non apoiaría ningunha moción de censura, pero anímaa publicamente a “priorizar os intereses xerais de Padrón máis aló das diferencias ideolóxicas”.

Segundo Rodríguez Conde, tras o pleno do martes abriuse un período dun mes que é “unha boa oportunidade para situar na axenda política de Padrón os asuntos e proxectos realmente importantes e para poñer fin a un goberno socialista e a un alcalde con preocupantes tics autoritarios”.

O actual voceiro do PP engade que “Aquí non se trata de quitar a Anxo Rei para poñer a Ángel Rodríguez Conde. Nin sequera se trata do futuro político persoal meu ou de Bea Rei. Aquí estamos a falar de ter a altura de miras suficiente para que Padrón poida concretar a curto e medio prazo proxectos estratéxicos para transformar o municipio e mellorar a calidade de vida da veciñanza”, enfatizou.

Críticas aos orzamentos

 Rodriguez Conde pon o foco sobre algúns dos aspectos dos orzamentos que se aprobaran se non se presenta a moción de censura. O concelleiro do PP di que son uns orzamentos “perigosos” porque porán nas mans do alcalde máis de 650.000 euros “para caciquear”, xa que non teñen destino definido.

“A consignación de 15.000 euros para accións de memoria democrática é a mellor proba de que o alcalde vive no seu propio mundo e antepón cuestións ideolóxicas a traballar en sintonía con outras administracións para conseguir proxectos beneficiosos para Padrón”, indicou Rodríguez Conde.

Post navigation

Previous: Brión condenado a pagar 165.000€ ao GES
Next: A SGAE organiza o Festival Acento en Compostela coincidindo co Día Internacional da Música

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.