займ срочно

Piden información sobre a renovación do firma da av da Mahía en Ames

0

Bisbarra, 10 de novembro do 2022 – O Partido Popular de Ames pide explicacións sobre a contradición de adxudicar antes o camiño escolar da av da Peregrina antes que a renovación do firme.

O PP explica que o sete de outubro foi formalizado o contrato para a construción dun sendeiro escolar que discorrerá pola avenida da Peregrina en Bertamiráns. Esta adxudicación fai que os prazos comecen a contar e o comezo da obra “sexa inminente”.

Por outra banda, segundo o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o concello para a financiación do tramo transferido, as obras da Peregrina tiñas que estar rematadas antes do día 30 de novembro.,

A combinación de estas dúas situacións tan distintas é o que provoca a demanda de explicación dos populares. A execución do camiño escolar “contempla incrementar a anchura da beirarrúa actual, o que obrigaría a unha modificación do proxecto que serviu para licitar a obra de renovación do firme da avenida”.

O proxecto para a renovación do firmeda av da Peregrina (AS 544) desde a intersección da ava da Mahía ata o punto quilométrico 0+610 data de hai un ano, novembro 2021. En marzo de este ano o pleno aprobaba o convenio coa Axencia Galega de Infraestruturas. Un convenio que permitirá a conversión do tramo nunha vía de titularidade municipal. No convenio recóllese unha partida de máis de oitenta mil euros para a renovación dos primeiros seiscentos metros da estrada.

Ciclo de monólogos en Negreira

O convenio ten vixencia ata o día 31 de decembro pero a xustificación dos gastos remata o prazo o 30 de novembro. Os populares “esperan que se comezara a coordinar ambas as dúas accións e se solicitara unha prórroga do convenio”. O PP pide que non se repita o sucedido coa transferencia da av da Mahía  “un acondicionamento financiado tamén mediante convenio, cunhas obras que non puideron nin comezar antes da data prevista de remate das mesmas, cun contrato que tivo que resolverse por mutuo acordo coa empresa adxudicataria e volverse a licitar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies