Bisbarra, 4 de outubro do 2021 – A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos voluntarios que traballan coa asociación Amabul.
O obxectivo desde a Xunta é poñer en valor esta iniciativa dirixida a persoas de entre 16 e 35 anos. o traballo de Amabul forma parte da programación de Iniciativa Xove da Administración Autonómica.
Os voluntarios desenvolveron xornadas de formación e traballos de control e erradicación de especias exóticas invasoras no sistema fluvial Ulla-Deza ao seu paso polos concellos de Vedra, Boqueixón e A Estrada.
Durante o encontro, no concello de Vedra, a directora xeral apuntou que esta iniciativa de Amabul permite incidir nun punto moi importante como é a concienciación ambiental nas contornas rurais.
A Xunta de Galicia financia, ao abeiro de Iniciativa Xove, 85 proxectos liderados pola xuventude e nos cales a mocidade é a protagonista, a través da planificación e realización das actividades.
O Goberno galego achega preto de 400.000 euros a este programa, ao que xa leva destinado 6 millóns de euros para financiar unhas 1.500 ideas desde que se puxo en marcha hai 11 anos.