Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Santa Comba

Posta en valor das cabeceiras do río Xallas

Deputación e concello de Santa Comba asinan un acordo para mellorar e rehabilitar o patrimonio vinculado ao río Xallas

Alcalde e Presidente da Deputación asinan o convenio para o Xallas

Alcalde e Presidente da Deputación asinan o convenio para o Xallas

Santa Comba, 23/04/2026 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, formalizaron un convenio para cofinanciar o proxecto “As cabeceiras do Xallas”,

A actuación que afectará ás cabeceiras do río Xallas está destinada á recuperación e posta en valor dos espazos naturais onde nace o río. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Turismo, Promoción Económica e Emprego, Noelia Baleato Toja.

O acordo supón un investimento total de 48.526,94 euros, dos que a institución provincial achega o 80%,  38.821,55 euros. O presidente da Deputación destacou a colaboración entre administracións que fai posible este proxecto de mellora do entorno. Valentín González subliñou que a actuación “vai permitir descubrir e dar valor a un espazo único, que forma parte da identidade do Xallas e da provincia da Coruña, ao tempo que abre novas oportunidades para un desenvolvemento turístico sostible no rural”.

Pola súa banda, o alcalde de Santa Comba puxo en valor a importancia desta intervención para o municipio, sinalando que “é un proxecto moi agardado, que nos permite recuperar patrimonio, coidar o noso entorno e ofrecer novas alternativas de lecer tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan”.

O Proxecto do Xallas

O proxecto contempla a rehabilitación do histórico Muíño do Relo, a creación de itinerarios de sendeirismo que conectarán as diferentes cabeceiras do río Xallas e a súa conexión coa fervenza de Castriz, así como a sinalización dos principais elementos de interese turístico da zona.

Trátase dunha intervención que busca recuperar o patrimonio etnográfico e natural, ao tempo que se crean novos espazos de lecer saudable para a veciñanza e visitantes. A actuación desenvolverase nunha contorna de gran valor paisaxístico e ambiental, no Monte Castelo e nas parroquias de Vilamaior, Bazar e Castriz, onde se atopan os regos que dan orixe ao río Xallas.

O proxecto permitirá visibilizar estes espazos, conectar diferentes puntos de interese e reforzar o atractivo turístico da zona. A iniciativa contribuirá á conservación do medio ambiente e á promoción dunha cultura sostible, favorecendo o coñecemento e respecto polos recursos naturais e patrimoniais, ao tempo que impulsa a dinamización económica do rural.

Post navigation

Previous: Artes, en Ribeira, acollerá o Bruón Folk Fest
Next: Retraso no pago das bolsas de comedor que se asignan en Compostela

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.