Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Compostela
  • Vila de Cruces
  • Xeral

Seguen os problemas coa barcaza de Portodemouros

vila de cruces barcaza de portodemouros 14 outubro 2025

O BNG reclama o mantemento do servizo gratuíto 24h durante todos os días do ano, tal e como recolle a lexislación, así coma a mellora do propio espazo

A barcaza de Portodemouros púxose en marcha en 1977 para evitar ter que dar un rodeo de 30 quilómetros. Situada nun territorio entre os concellos de Vila de Cruces, Arzúa, A Golada e Compostela, ademais de ser un medio de transporte é unha atracción nunca suficientemente valorada.

A xestiona a empresa Naturgy que fai da súa capa un saio e por iso funciona de xeito irregular. As queixas da veciñanza veñen de hai moito tempo e o BNG o leva denunciando case tanto como eles.

Este fin de semana a militancia da organización nacionalista acompañados de diferentes cargos orgánicos e institucionais déronse cita xunto con veciñanza de ambas marxes do Ulla en Loño (Vila de Cruces) para denunciar a situación na que se atopa o servizo de barcaza de Portodemouros entre este lugar e a parroquia de Beigondo en Santiso. Este servizo gratuíto que debería funcionar ininterrompidamente para conectar os concellos de Arzúa e Santiso con Vila de Cruces tiña previsto estar suspendido durante o mes de outubro para realizar o seu mantemento periódico segundo a comunicación enviada pola empresa, mais esta previsión non se está a cumprir.

Os alcaldes de Arzúa e Santiso, Xoán Xesús Carril e Manoel Adán, así coma Alex Fiúza, portavoz municipal do BNG en Vila de Cruces, denuncian o agravio que supón para a veciñanza non contar con información veraz sobre o funcionamento da barcaza de Portodemouros.

 “Hai persoas que están facendo un percorrido de 20 minutos por estrada cando este servizo está operativo por mor dunha información incorrecta proporcionada por parte da empresa”, denuncia Fiúza.

Unha información que tampouco se está a dar correctamente aos concellos. “Non podemos saír do concello sen que houbese ningunha rectificación sobre a previsión de parar durante todo o mes de outubro e chegar ao encoro e ver a barcaza operando con normalidade”, salienta Carril.

Ademais a organización denuncia o estado no que se atopan os accesos para utilizar a barcaza de Portodemouros. “Uns accesos completamente inseguros e sobre os que actúan os concellos e a veciñanza ante a pasividade de Naturgy e a Xunta de Galiza”, denunciou Adán, ao tempo que demandou “condicións de seguridade para as persoas que se achegan ata aquí”.

Pola súa banda, as deputadas nacionalistas Ariadna Fernández e Iria Carreira anunciaron o compromiso de trasladar esta problemática ao Parlamento galego para demandarlle á Xunta de Galiza un maior compromiso e control sobre esta situación para manter operativo o servizo de xeito ininterrumpido.

“Existe un acordo parlamentario do ano 2021 para esixirlle á Xunta de Galiza actuacións para garantir o funcionamento deste servizo e vemos como o Partido Popular fai caso omiso do mesmo”, denuncia Fernández. “Seguiremos denunciando a situación e esixindo que a Xunta garanta os dereitos de toda a veciñanza”, concluíu.

Post navigation

Previous: Alcanzamos o primeiro “punto de non retorno”
Next: E logo… que foi? Sen fogarismo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Hemeroteca

Agosto 2026
L M Me M V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
« Xul    

Etiquetas

25N alcaldes asociacións e fundacións Ciencia Comercio e empresa Coronavirus Crechas Cultura Curtocircuito Deportes Economía Educación eleccions Emprego Entroido Festas e Feiras Festivais Galego Institucións lixo Mancomunidade de Ordes Mandingo Medio Ambiente muller Nadal Obradoiro Cab o máis lido da semana Patrimonio Plataforma Casalonga limpa de residuos Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON Plenos Politica saúde Servizos sindicatos Social sucesos Tabernalia Tecnoloxía Transporte e estradas Turismo Universidade urbanismo xuntas de goberno Xustiza

RSS RSS

  • Comeza o XXIII edición do Feito a Man 4 Agosto, 2026
  • O Festival C enche Compostela 4 Agosto, 2026
  • Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest 1 Agosto, 2026
  • Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro 31 Xullo, 2026
  • Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías 31 Xullo, 2026
  • Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas 31 Xullo, 2026
  • Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM 30 Xullo, 2026
  • Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado 30 Xullo, 2026
  • “CANTAMOS!” coa Real Filharmonía 30 Xullo, 2026
  • Catro empresas distintas atenden o SAF de Padrón 29 Xullo, 2026

Meta

  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.org
Política de cookies
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
Licencia Creative Commons
Lindeiros por Lindeiros sc distribuese baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional.   Política de cookies
Notas de prensa e mailing: redaccionlindeiros@gmail.com Contacto: contacto@lindeiros.com Publicidade:publicidadelindeiros@gmail.com
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
cropped-cropped-cropped-Lindeiros-Nadal-2016-grande-cabecera_d.png

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.