займ срочно

Restaurada a ponte romana de Augapesada en Ames

0

Ames, 2 de marzo do 2022 – A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou a ponte romana de Augapesada, acondicionada cunha axuda do seu departamento.

A Axencia de Turismo de Galicia aportou o 55% do custo dos traballos de mellora, aportando o resto o concello de Ames. Na visita á ponte romana participaron, xunto a Nava Castro, o alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Turismo, Manuel Lens. 

Situada no Camiño Real

A ponte romana está situada no Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía. É unha ponte de cantería con arco de medio punto que conta coa catalogación de ben de protección integral (BIC). Ao lado sitúase un muíño de rodiciom tamén catalogado como BIC, movido pola auga do Rego dos Pasos. 

A ponte e a zona que a rodea sufriron unha restauración anos atrás e agora realizouse un novo traballo de acondicionamento que solucionou os problemas de deterioro..

A intervención tivo un custo total de 27.225 euros, dos cales o 55% foron sufragados a través dunha axuda de 15.000 euros, a través da convocatoria de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago. O importe restante, que ascende a 12.225 euros, foi sufragado con fondos municipais. 

As actuacións consistiron no acondicionamento do terreo para levar o rego ao leito orixinal e que o mesmo atravese o arco central da ponte o que implicou o retranqueo dun muro de pedra. Ademais reconstruíuse o pavimento da ponte, instalouse un banco de granito e fíxose unha limpeza xeral da ponte.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou “a importancia de ir recuperando e rehabilitar espazos históricos do concello de Ames como neste caso é a ponte romana de Augapesada. O concello de Ames ten un potencial turístico importante que queremos desenvolver desde este Goberno, e poñer en valor os innumerables elementos e puntos a visitar. Teño que darlle as gracias á directora de Turismo, Nava Castro, por achegarse esta mañá a Ames para comprobar como quedou esta ponte tralas obras e tamén por sacar esta liña de axudas que lle permite aos concello acometer este tipo de actuacións”.

Nova liña de axudas para 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, aproveitou a visita para lembrar que a liña de axudas do Goberno galego no marco da que se fixeron estas obras vén de convocarse de novo. Dotada co mesmo importe que o ano pasado, 1,5 millóns de euros, os beneficiarios poderán ser municipios ou particulares que deberán solicitar a axuda a través da sede electrónica da Xunta antes do 23 de marzo de 2022, podendo optar a unha subvención de ata o 75% do investimento subvencionable ata un máximo de 15.000 euros no caso de concellos e ata 10.000 euros para as solicitudes de particulares.

Nava Castro destacou que “avanzamos nun Camiño mellor sinalizado, con máis puntos de descanso e de acollida, máis accesible e sostible e tamén, máis seguro co obxectivo de seguir dicindo a España e ao resto do mundo que é tempo de camiñar a Galicia e que Galicia é un Destino Seguro”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies