Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

O derrubo da Ponte de Vidaloiso en Brión deriva nun enfrontamento político

O concelleiro do BNG, e Deputado provincial, Xosé Penas acusa ao alcalde, Pablo Lago, de “falta de lealdade institucional”

Casa Consistrorial de brion

Brión, 03/03/2026 – As veces as chuvias levan por diante o pouco que queda. En Brión ademais da Ponte de Vidaloiso, en Bastavales, acabaron tamén coa tranquilidade institucional e socialistas e nacionalistas crúzanse acusacións.

O Bloque Nacionalista Galego de Brión reprocha a “falta de lealdade institucional” do alcalde de Brión, Pablo Lago, e o seu “servilismo” coa Xunta de Galiza. A crítica nace dunhas declaracións do rexedor nas que aseguraba que o arraxo da Ponte estaba comprometido pola Deputación.

O voceiro nacionalista, Xosé Penas, asegura que o alcalde realiza “afirmacións manifestamente falsas” que non só comprometen a outras institucións, senón que “botan sombra de dúbida sobre procesos públicos que son transparentes e garantistas”.

Penas é, ademais de concelleiro, responsábel da Área de Patrimonio da Deputación nega ese compromiso e “esíxelle unha rectificación tan pública como foi a súa entrevista”. O nacionalista explica que “A axuda solicitada polo Concello forma parte dunha liña de subvencións que aínda está en fase de avaliación e, polo tanto, non resolta”.

O concelleiro e Deputado aproveita para engadir que “a ponte de Vidaloíso levaba anos nun estado de absoluto abandono por parte do Concello de Brión e co completo desinterese da outra administración con competencias, a Xunta, a través de Augas de Galiza”.

O nacionalista di non entender os eloxios do alcalde ao goberno autónomo e lembra que en novembro pasado, nunha asemblea aberta da veciñanza de  Bastavales, a necesidade de rehabilitar a ponte canto antes e volvela abrir ao tráfico “era un clamor”.

Post navigation

Previous: Compostela acolle una mesa redonda sobre os “narcopisos”
Next: Músicas na Linde: Antía Muiño

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.