A Estrada. 3 de abril do 2017 – A poucas semanas ou meses da declaración BIC de Pontevea o BNG de A Estrada reclama que a ponte sexa coidada e mellorada a súa contorna.
A declaración da ponte como Ben de Interese Cultural, BIC, foi impulsada polos grupos do BNG en Teo e A Estrada e ratificada por unanimidade en pleno en ambos concellos.
O BNg de A estrada levará ao próximo pleno unha moción na que solicitan que sexa instalada iluminación, papeleiras e acondicionada a zona para acoller un aparcadoiro público para todas as persoas interesadas en visitar a ponte medieval.
O BNG de A Estrada di por outra banda que ” temos que lamentar unha vez máis a falta de interese do goberno municipal a respecto do noso patrimonio. Un concello que contará nas vindeiras datas con dous monumentos declarados Ben de Interese Cultural (BIC) merece un goberno preocupado e sensibilizado co noso patrimonio. Sen embargo desde o BNG poñeremos todo o noso empeño, como sempre fixemos, para que tanto esta ponte medieval como a Torre de Guimarei non queden eclipsadas polas silveiras e teñan o realce que se merecen”.