Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Política Lingüística fala no Consello da Cultura da Normalización no deporte

CCG-normalizacion-linguistica-deporte-slide-13-abril-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 13 de abril do 2018 – O novo plan de dinamización do galego na mocidade que está a preparar a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inclúe o deporte entre os ámbitos de actuación prioritarios na dinamización da lingua propia de Galicia na xente nova.
    • Paso a paso, man con man. Deporte e lingua
    • Espello Deportivo (2013), na Artesa
    • Colaboración co Consello a Cultura Galega

Compostela, 13 de abril do 2018 – O novo plan de dinamización do galego na mocidade que está a preparar a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inclúe o deporte entre os ámbitos de actuación prioritarios na dinamización da lingua propia de Galicia na xente nova.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou na súa intervención de apertura dos XX Encontros para a Normalización Lingüística, na que destacou que “o novo plan establece nas súas liñas básicas de traballo a colaboración con federacións, clubs, escolas, empresas e deportistas para incidir na dinamización do idioma, de acordo coas directrices do Plan xeral de normalización da lingua galega”.

Paso a paso, man con man. Deporte e lingua

Os Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cumpren dúas décadas arredor da normalización lingüística cun programa no que, baixo o subtítulo de “Paso a paso, man con man. Deporte e lingua”, se quere facer balance do camiño andado e tamén servir, unha vez máis, de foro de intercambio de experiencias, presentación de proxectos e propostas de futuro.

Estes días danse cita na sede do Consello da Cultura Galega especialistas en lingua galega e profesionais do ámbito do deporte, así como representantes de federacións, clubs e outras entidades vencelladas a el para ofrecer relatorios e coloquios que afondarán no traballo técnico e nas experiencias e boas prácticas de dinamización do idioma neste eido.

Espello Deportivo (2013), na Artesa

Parello a estas propostas, os encontros ofrecen unha nova edición do coñecido espazo Artesa que configura unha exposición de paneis que dan mostra das iniciativas recoñecidas relacionadas co traballo en lingua e deporte impulsado desde diferentes institucións, entre elas a Xunta de Galicia. Concretamente, dáse conta do programa de dinamización lingüística Espello Deportivo que, no ano 2013, impulsaron as secretarías xerais de Política Lingüística e para o Deporte, en colaboración coas deputacións da Coruña e de Ourense, para levar a 36 concellos galegos encontros con deportistas de elite (Chano Rodríguez, Sofía Toro e Juan Antonio Saavedra) e co actor, director e produtor audiovisual ourensán Rubén Riós, destinadas á mocidade no marco da programación de actividades que puxo en marcha ese ano a Rede de Dinamización Lingüística.

Colaboración co Consello a Cultura Galega

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, forma parte da comisión organizadora dos Encontros para a Normalización Lingüística. Ademais, mantén un marco estable de colaboración co Consello da Cultura Galega en materia de promoción do uso da lingua propia de Galicia desde 2010, plasmado nun convenio entre ambas as institucións que se renova anualmente.

Post navigation

Previous: Compostela conversa remata con Presumido e BFlecha
Next: Bluegrass nas Crechas con Los Hermanos Cubero

Máis novas

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.