Compostela, 5 de decembro do 2017 – A Policía Nacional detivo, en Santiago, a unha parella por presunta venda de heroína, desmantelando así un punto negro de tráfico de drogas.
Esta parella, detida o pasado 28 de novembro, xa fora detida en marzo. Por aquelas datas levouse a cabo en Compostela a chamada “Operación Copas rotas” que culminaba co arresto de 8 persoas. A investigación iniciouse grazas á colaboración veciñal, que alertou sobre o aumento na afluencia de persoas con aparencia de toxicómanos na zona de Belvís. Entre esas seis persoas, atopábase a parella de 44 e 56 anos detida de novo agora.
A parella reactivara o punto de venda nas inmediacións do parque da Trisca e moi próximo a un centro educativo. Nesta ocasión, foi novamente a colaboración cidadá, a que puxo en marcha novamente aos investigadores, que nesta ocasión culminaron o seu labor con de a detención destas dúas persoas, e ademais interviñéronse preto de 250 dose de heroína, máis de 400 euros, varios teléfonos móbiles, unha báscula de precisión, pastillas de metadona e trankimazín, así como numerosos recortes plásticos con forma circular.
Polos feitos descritos tramitáronse as oportunas dilixencias policiais. Os detidos, que xa contaban con antecedentes por feitos similares, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de Garda.