Compostela, 24 de novembro do 2017 – A Policía Nacional informa da detención dun home acusado de lanzar un artefacto incendiario contra a residencia oficial do Presidente da Xunta.
Ao detido impútanselle, ademais, os danos causados en tres caixeiros automáticos da cidade A detención produciuse o pasado 21 de novembro. O artefacto incendiario era de fabricación caseira e lanzouno ao recinto da residencia oficial na noite do 17 ao 18 de outubro deste ano.
A investigación policial por estes feitos, que finalizou coa identificación e detención deste mozo de 22 anos, concluíu con que o mesmo era o presunto autor dos danos causados en tres caixeiros automáticos que foron incendiados ao redor da mesma data en Santiago de Compostela. Nun destes incendios foi necesario, ademais da intervención dos bombeiros, o desaloxo dalgunhas das vivendas do inmoble por mor da queima do caixeiro automático. O detido, que carece de antecedentes, foi posto a disposición xudicial.