Retivo á dependenta e a unha clienta utilizando un coitelo de grandes dimensións, posteriormente puido ser detido pola Policía
Santiago de Compostela, 10 de noviembro do 2016.- Axentes da Policía Nacional detiveron a un home como presunto autor dun roubo con intimidación.
Os feitos sucederon pasadas as catro da tarde do venres nun establecemento do ensanche compostelán cando unha clienta que se dispoñía a abandonar o local foi retida por un home que portaba un coitelo de grandes dimensións, á vez que requiría á responsable do establecemento para que lle entregase o diñeiro. Cando o asaltante tratou de facerse co contido da caixa rexistradora, forcejeó coa dependenta, momento no que a clienta aproveitou para saír á rúa e pedir axuda. Nese momento o home saíu correndo do local, levándose 450 euros da caixa.
Á chegada dos axentes, os responsables dun establecemento próximo manifestaron que unha persoa, cuxa descrición coincidía coa do presunto autor, entrara no seu comercio deixándose unha mochila que contiña diversas pezas de roupa, e que entregaron aos policías.
Cos datos achegados polas vítimas en relación ás características do atracador, os axentes localizaron o pasado luns a un home cuxas características coincidían plenamente coas manifestadas polas testemuñas.
O detido, ao que lle constan antecedentes por feitos similares, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de Garda, cuxo titular decretou o seu ingreso en prisión provisional.