Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Polémica arredor da escola infantil de Padrón

O BNG denuncia que os impagos do concello ameazan a continuidade da escola infantil, algo que nega o goberno municipal

concello de Padrón

Unha nota de prensa do BNG de Padrón, respondida con outra do goberno municipal deixan enriba da mesa a situación da escola infantil municipal.

A portavoz nacionalista, Beatriz Rei, urxe ao goberno municipal presidido por Anxo Rei a “solucionar a situación en que se atopa a escola infantil e buscar novas vías para garantir o servizo ás familias de Padrón. Lamenta que, até o momento, o goberno do PSOE o único que fixo foi desmantelar o pouco que había e obrigar á veciñanza a buscar solucións fóra do concello”.

Rei pon o foco na “difícil situación que o goberno dirixido por Anxo Rei está a poñer á empresa que xestiona a Escola Infantil con presións e a demora dos pagos o que provoca a súa asfixia que pode levar a determinacións como decretar a quebra ou pechar a escola, o que deixaría a Padrón sen servizo”.

A escola infantil foi trasladada de xeito provisional a Carcacía no ano 2023 polas deficiencias do inmoble do centro urbano. O BNG enuncia que tres anos despois a situación segue igual o que “obrigou ás familias a desprazarse ou mesmo a mudar a outras escolas municipais de concellos próximos”.

O BNG incide que a baixa na demanda “puxo nunha complexa posición tamén á empresa xestora, con menos matrículas e aulas e redución tamén da cantidade que recibe da Xunta, o que se agrava aínda máis pola débeda contraída polo concello de quen non recibe a subvención da Xunta nin a contía mensual municipal desde o mes e outubro”.

Desmentido do goberno municipal

Pola súa banda o goberno socialista de Anxo Rei desminte estas informacións. Nun comunicado comeza dicindo que as denuncias non están avaladas por “escrito de queixas presentado por familias, nin reclamacións formais”.

Anxo Rei, afirmou que “estamos ante un ataque político claramente electoralista, no que se xera alarma social a costa dun servizo esencial, sen datos e sen rigor”. Lembra que o traslado da Escola Infantil de Padrón realizouse por motivos estritamente técnicos e de seguridade, xa que o edificio anterior, en proceso de licitación, conta cun informe de insalubridade emitido polos técnicos municipais de Urbanismo.

Desde o Concello aclárase tamén que todas as facturas municipais se abonan dentro dos prazos legais e que non existe ningún impago pendente relativo á escola infantil municipal. A información económica correspondente está recollida nas Xuntas de Goberno, de carácter público.

En relación coa subvención autonómica, o goberno local lembra que o atraso no pagamento por parte da Xunta ata o mes de xaneiro non depende do Concello, que cumpriu coas súas obrigas ao presentar a solicitude da subvención en tempo e forma, motivo polo cal foi concedida.

O alcalde subliñou ademais que “é importante dicir toda a verdade: o custo total anual da escola infantil é de 96.586,16 euros, sen incluír o transporte escolar, e a achega da Xunta non chega nin ao 20 % desa cantidade”. “O Concello asume máis do 80 % do custo real do servizo e, ademais, financia integramente un transporte escolar municipal gratuíto cando a competencia das escolas infantís é da Xunta”, engadiu.

O alcalde engade tamén que “A continuidade da escola infantil municipal acredítase con feitos e investimentos, non con palabras. Non se destinan 830.857,17 euros á rehabilitación dun servizo que se quere pechar. Esta inversión demostra un compromiso claro coa escola infantil e responde, ademais, á necesidade de corrixir anos de falta de mantemento do edificio, unha situación herdada de gobernos do PP e visible noutras infraestruturas municipais que a veciñanza coñece ben”.

Post navigation

Previous: Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán
Next: Ames presenta a programación do Día de Rosalía

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.