Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A poesía de Neira Vilas nos Luns do Ateneo

Miguel Anxo Fernán Vello será o encargado de impartir a charla

O escritor Fernán Vello

Compostela, 21/03/2026 – O Ateneo de Santiago ten prevista para este próximo luns 23 de marzo, ás 19.30 horas, na Rúa do Vilar, 19, unha nova conferencia dos Luns do Ateneo. En esta ocasión realízase en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas.

A actividade levará por título «A obra poética de Neira Vilas» e contará coa intervención do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello. A conferencia propón unha aproximación á dimensión poética da obra de Xosé Neira Vilas, unha faceta menos coñecida do autor de Memorias dun neno labrego, pero fundamental para comprender a súa traxectoria literaria.

A sesión abordará as claves da súa escrita lírica, a súa relación coa experiencia vital da emigración e o modo en que a súa poesía dialoga coa memoria, a identidade e a realidade social galega.

O encargado de impartir a conferencia será Miguel Anxo Fernán Vello (Cospeito, 1958), poeta, dramaturgo e editor, considerado unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea. Fundador do selo Espiral Maior, referente da edición poética en Galicia, é autor de preto dunha vintena de libros de poesía, entre eles Seivas de amor e tránsito, As certezas do clima, Capital do corpo, Habitación do asombro ou Duración da penumbra.

Estes libros foron galardoados con premios como o da Crítica Española, o Esquío ou o Miguel González Garcés. Ademais, desenvolveu un amplo labor como articulista e publicou libros de conversas con figuras como Ricardo Carballo Calero ou Xosé Manuel Beiras.

Post navigation

Previous: Padrón inaugura a X Exposición da Camelia
Next: Unha xestora de residuos de construción comezará a funcionar en Teo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.