займ срочно

Xornadas micolóxicas na Pobra do Caramiñal

0

A Pobra, 12 de novembro do 2021 – A Pobra do Caramiñal volve ser escenario dunha nova edición das Xornadas Micolóxicas que se celebrarán ata o vindeiro día 21 novembro.

Como en edicións anteriores a programación das V Xornadas micolóxicas  componse de conferencias, exposicións, unha saída ó campo, un concurso fotográfico, showcooking e degustación.

As persoas encargadas de debulla-lo contido foron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo, e a técnica municipal desta área, Beatriz González, para o cal elixiron como escenario unha paraxe natural do municipio como é a carballeira da Silva.

O conxunto dos coloquios transcorrerá nos días 17 e 19. A primeira conferencia consistirá nunha charla introdutoria sobre micoloxía, mentres que a segunda se titula Principais fungos micorrícicos comestibles das plantacións forestais galegas e técnicas de inoculación de planta micorrizada, impartida por Esteban Sinde Stompel, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e vicepresiente da empresa Hifas da Terra. Serán ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

O groso do programa concentrarase no domingo 21. Primeiramente procederase cunha visita guiada polo campo da man de Esteban Sinde Stompel, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Estipúlase un máximo de 20 persoas participantes. O mercado municipal albergará nesa mesma xornada unha exposición de cogomelos, a entrega dos premios ás persoas gañadoras do V Concurso Fotográfico de Micoloxía e o showcooking e degustación de cogomelos, a cargo de Miguel Mosteiro, de GastroLab, dende as 14.00 ata as 14.30 horas. Estipúlase un máximo de 30 persoas participantes, con preferencia para aquelas xa anotadas na saída ó campo.

Doutra banda, a casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler alberga unha mostra composta por imaxes do certame fotográfico de edicións anteriores. Permanecerá nas referidas instalacións municipais ata finais de mes. As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

No que respecta ó concurso fotográfico, houbo 51 persoas inscritas. Destacaron a calidade das imaxes presentadas e referíronse, neste senso, á fotografía que resultou gañadora da cuarta edición e que ilustra o cartel. Os premios consistirán exclusivamente en bonos de compra na plataforma web www.deanshop.es e consideraranse tres galardóns con diferentes contías, que sumarán un total de 600 euros.

Tódalas actividades son de balde e requírese a inscrición previa para a charla do día 19, a saída ó campo e o showcooking e degustación. O enderezo electrónico habilitado para tal fin é medioambiente@apobra.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies