займ срочно

Barafunda, un espectáculo de maxia na Pobra do Caramiñal

0

A Pobra, 7 de setembro do 2021 – O Cantón da Leña da Pobra será o escenario, este venres as sete e media, do esoectáculo de maxia Barafunda dentro da programación do verán cultural.

Barafunda presenta o seu espectáculo Do maxín á realidade, onde a maxia é o fío condutor dunha viaxe que levará ao público ao mundo da imaxinación, onde todo, ou case todo, é posible.

As prazas cubriranse por orde de chegada ata cubri-la cabida. Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Barafunda

A empresa Barafunda nace no ano 2009 e nela intégranse un amplo abano de profesionais. Especializados no sector do ocio educativo, a animación sociocultural e a produción de eventos.

Entre as súas propostas podemos atopar desde animación de rúa, ata contacontos e incluso unha pequena editorial. No pasado ano incluiron tamén a xestión de videochamadas no Nadal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies