займ срочно

A Pobra do Caramiñal obrigada a purgar unha estación potabilizadora pola presenza de cinzas

0

Bisbarra, 6 de setembro do 2022 – O concello da Pobra do Caramiñal vese obrigado a purgar a estación potabilizadora de Roupión pola presenza de cinzas.

As últimas chuvias arrastraron as cinzas dos incendios a zona de captación no río das Pedras. A potabilizadora recibe a auga de ese lugar polo que a concesionaria traballaba onte no restablecemento do servizo.

A presenza de cinzas provocou cortes de auga en Santa Cruz, Entrerríos, A Banda, A Casa Queimada, Freán, As Pedriñas, Os Vilares, Rego, Rosamonde,  A Gándara, Vilas, O Cruceiro Novo, Campomuíños, A Recosta, Santo Isidro e A Conga.

Debido a que a auga non é apta para o consumo pola presenza das impurezas, a solución pasou polo baleirado e limpeza do depósito para posteriormente enchelo de novo coa auga que o concello recibe do Ulla.

A estimación do corte a última na tarde de onte era de seis horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies