займ срочно

A Pobra mellora a cuberta da Torre de Bermúdez

0

A Pobra, 30 de decembro do 2021 – A Torre de Bermúdez, sede do museo Valle-Inclan, recibiu nas últimas semanas obras de mellora na súa cuberta.

A Torre de Bermúdez está declarada como Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional e Ben de Interese Cultural (BIC). Segundo explicaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, atendeuse a conservación de urxencia da cuberta do torreón propiamente dito para evitar filtracións, polo cal se levaron a cabo traballos de retirada da vexetación existente e substitución das tellas desprendidas e rotas.

Anunciaron, ademais, a previsión de que as tarefas prosigan en 2022 na cuberta da zona expositiva anexa á Torre. Tamén indicaron que dende a Administración local se está estudando un convenio coa Consellería da Cultura que contempla a restauración de tódalas fachadas e a recuperación da pedra do inmoble. Neste senso, trasladaron o compromiso por parte do Concello para protexe-lo patrimonio público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies