Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Pobra do Caramiñal
  • Xeral

A Pobra solicitará informes tras o último vertido na Ribeiriña

O concello da Pobra pedirá todos os datos que se teñan á Xunta de Galicia e a Demarcación de Costas do Estado

a pobra verquido 21 xaneiro 2026

O concelleiro de Medio Ambiente da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, confirmaba este martes que solicitarán informes á Demarcación de Costas do Estado, á Xunta de Galicia e ao Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) tras o último vertido rexistrado na Ribeiriña.

Segundo o edil o Concello da Pobra non recibiu “ningunha comunicación oficial” por parte dos organismos competentes en relación co último vertido, ocorrido hai aproximadamente unha semana.

A pesar desta falta de información previa, o Concello puido saber que a vertedura foi “de escasa entidade” e que quedou solucionada poucas horas despois grazas á intervención do servizo de Salvamento da Xunta de Galicia.

Piñeiro subliñou que, malia tratarse dun episodio de pouca envergadura, resulta “esencial que esta situación se resolva á maior brevidade posible”. O concelleiro tamén avanzou que se solicitará a documentación relativa á investigación analítica realizada pola Demarcación de Costas e na que, segundo as informacións publicadas nos últimos días, se constatou a presenza de hidrocarburos que se filtran ao mar, especialmente en días de mal tempo. Ademais, o Concello interesarase polo estado de tramitación e os prazos de presentación do proxecto que a Demarcación de Costas debería presentar no prazo de tres meses.

Post navigation

Previous: Raigame pide un espazo para Rosalía na reforma da Praza de Vigo en Compostela
Next: Compostela con C de congresos

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.