Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Pobra do Caramiñal

A Pobra despide o Entroido e pon a vista no 8M

O concello da Pobra combina nas vindeiras datas o fin do Entroido coa conmemoración do 8 de Marzo.
pobra-8-de-marzo-slide-3-de-marzo-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • A Pobra, 3 de marzo do 2022 – O concello da Pobra combina nas vindeiras datas o fin do Entroido coa conmemoración do 8 de Marzo.
  • Igualdade, contacomigo
    • Programación

A Pobra, 3 de marzo do 2022 – O concello da Pobra combina nas vindeiras datas o fin do Entroido coa conmemoración do 8 de Marzo.

O enterro do Felipiño do Maño no 5 de marzo marcará o remate do Entroido na Pobra do Caramiñal, unha iniciativa organizada por veciñanza de Xobre coa colaboración do Concello.

A saída está previsata para as sete da tarde e a queima  a carón da praia dos Areos, pasada a medianoite.

Igualdade, contacomigo

Baixo o lema “Igualdade, conta comigo!”, as actividades desenvolveranse ó longo de todo o mes. A concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), manifestou que, a través deste emblema, “trátase de implica-la cidadanía e convidala a asumi-la súa parte de responsabilidade cara a cambia-la sociedade actual por unha sociedade máis igualitaria.” Así mesmo, sinalou que “é un día importantísimo sobre o cal hai que mante-la reivindicación ano tras ano”, pois “queda moito por facer.”

Programación

O paso do Entroido ás actividades en torno ao 8 de marzo comezarán ese mesmo día cinco. Ao tempo que se enterra ao Felipiño terá lugar A festa das mulleres, no Cantón da Leña a partir das seis e media da tarde.

A festa consistirá nunha foliada e faladoiro feministas. Participarán os grupos Xiada, Arrancadeira e Eiradela, que interpretarán unha adaptación feminista e actual das músicas tradicionais.

Para o propio 8 de marzo propónselles ós centros da educación infantil e da primaria a elaboración dun gorro de papel clásico con cartolina violeta que incorpore o lema escrito para, posteriormente, formar arredor de cada centro de estudos unha cadea humana portando unha pancarta na cabeceira.

Nese mesmo día terá lugar a marcha feminista que dará comezo ás 20.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán e percorrerá as rúas peonís ata chegar á casa consistorial, onde se procederá coa lectura do manifesto que propón a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A xornada do sábado 12 contará coa representación da peza teatral Comando comadres, da compañía Matrioshka Teatro. Trátase dunha función en clave de humor e con carácter feminista que se organiza de xeito transversal dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello e financiada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta. Transcorrerá no teatro cine Elma, ás 20.00 horas.

En coordinación coa área da Igualdade da Deputación da Coruña, na seguinte fin de semana achegarase a obra teatral Bravas: unha historia das nosas mulleres, protagonizada por Isabel Risco, quen ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Será no día 19, ás 20.00 horas, no teatro cine Elma.

E, finalmente, na xornada do 26 proxectarase A poeta analfabeta, un documental dirixido por Sonia Méndez e gañador dun dos premios Luísa Villalta en 2019. Achegaralle ó público asistente a figura de Luz Fandiño, o seu mundo, a súa escritura e o que a move a escribir. Tamén se levará a cabo en coordinación coa área da Igualdade da Deputación da Coruña, no teatro cine Elma, ás 20.00 horas.

 

Post navigation

Previous: Teo aproba un orzamento grazas ao sentido común máis que á confianza
Next: Chega a Noia “A lingua das bolboretas”

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.