займ срочно

Pobra do Caramiñal pasa ao nivel máximo de alerta por Coronavirus

0

Bisbarra, 7 de abril do 2021 . O Comité Clínico estableceu este martes o nivel máximo de restricións para a Pobra do Caramiñal que pasa a ser o único concello da Área sanitaria en esta situación.

A Pobra pasa a este nivel ao acumular unha incidencia que supera os 250 casos con 24 diagnosticados nos últimos 14 días. As novas restricións entrarán en vigor desde o venres día 9 ás 00:00 horas.

O grupo de goberno tiña previsto manter unha reunión na tarde de onte para valorar que medidas adicionais aplicar. Entre as que entrarán en vigor este venres está o peche perimetral, o da hostalería ao completo excepto a entrega a domicilio ou a limitación de reunións en espazos públicos só a conviventes.

Boimorto a nivel medio 

O outro concello que cambia de nivel na Área Sanitaria é o de Boimorto que entrará no nivel medio de restricións ao estar xusto por debaixo dos 250 casos por cen mil habitantes. As limitacións en este caso son de reunións en vía pública dun máximo de catro persoas non conviventes, a hostalería redúcese a un máximo dun 30% no interior e 50% en terrazas, ou o 75% dos postos nos mercados ao aire libre que teñan habitualmente entre 50 e cen postos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies