Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Pobra do Caramiñal
  • Xeral

A Pobra reivindica unha ‘Igualdade real, xa!’ no marco do 8M

a pobra 8m

A Pobra 05/03/2026 – O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara a unha igualdade real.

“Este 8M queremos que a nosa vila sexa un espazo de reflexión, de visibilización e tamén de participación activa”, sinalou a concelleira da área, Estefanía Ramos, durante a presentación da programación.

A edil fixo fincapé en que “traballar pola igualdade debe ser un compromiso diario e unha responsabilidade colectiva que garanta dereitos, oportunidades e respecto para todas”.

O programa tamén contempla nesta edición varias propostas centradas no traballo coeducativo. Así, os colexios de educación infantil recibirán ao longo da semana un lote de libros que permitirán abordar na aula cuestións tan importantes como a igualdade, a resolución de conflitos de forma pacífica, o respecto pola diversidade ou a deconstrución dos roles de xénero.

Entre os títulos seleccionados atópanse ‘Nos tratamos bien’, ‘Mieko baila’ e ‘Jorge lleva el pelo largo’, recursos que fomentan desde idades temperás valores como a convivencia ou o respecto.

Os centros de educación primaria contarán con xogos que promoven actitudes como a sensibilización, cooperación e respecto. A través deles, os nenos e nenas poderán reflexionar e derrubar estereotipos e roles de xénero, contribuíndo así á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Tamén  ao longo desta semana levarase a cabo a presentación do Servizo de Igualdade no IES A Pobra, no CPR Divino Maestro e no CAD A Pobra, co fin de dar a coñecer este recurso municipal e facilitar a accesibilidade das persoas máis novas ao mesmo. Durante esta sesión farase unha explicación das funcións deste servizo e presentarase o persoal que traballa nel para achegarllo á mocidade.

O acto central da programación terá lugar o propio domingo, 8 de marzo, ás 12.30 horas, fronte á Casa Consistorial. A concentración contará coa intervención de varias veciñas, que reclamarán dereitos para as mulleres e a necesidade de acadar unha “Igualdade real, xa!”.

 Así mesmo, procederase á lectura do manifesto por parte da concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos. O rematar o acto, percorrerán as rúas a charanga feminina Bicoia sumando a música a esta xornada reivindicativa.

Ramos concluíu animando á cidadanía “a acompañarnos, a escoitar as voces das mulleres da nosa vila e a formar parte deste compromiso colectivo por unha sociedade máis xusta e igualitaria o vindeiro domingo 8 de marzo ás 12:30 horas diante da Casa do Concello”.

Post navigation

Previous: Santa Comba traballa nunha xornada astronómica no monte San Bartolomeu
Next: Boqueixón conmemora o Día da Muller cunha andaina

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.