Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Pobra do Caramiñal

VIII Concentración Moteira SinFrenos na Pobra do Caramiñal

A fin de semana na Pobra do Caramiñal acollerá a VIII Concentración Moteira SinFrenos, organizada polo motoclub do mesmo nome.
pobra-concentracion-moteira-sen-frenos-slide-19-maio-2022-(1)_r

A Pobra, 19 de maio do 2022 – A fin de semana na Pobra do Caramiñal acollerá a VIII Concentración Moteira SinFrenos, organizada polo motoclub do mesmo nome.

SinFrenos celebrarase estes vindeiros días 21 e 22 e na presentación participaron a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; a técnica municipal desta área, Ana Romero; e Sonia Villar, José Manuel López e Juana Parada, presidenta e socios do club.

A apertura da VIII Concentración Moteira SinFrenos será ás 16.00 horas do sábado 21. Comezarase pola formalización de inscricións e exhibición de adestramentos da escola de pilotos Ikeric Racing.

Posteriormente, ás 18.00 horas, iniciarase unha ruta con parada no bar Olivo Blanco para uns petiscos. De volta, na praza Alcalde Segundo Durán comezará a actuación de Paxaradas, ás 19.30 horas, ademais duns xogos moteiros a partir das 20.00 horas.

Finalmente, a cea producirase no Centro Sociocomunitario, ás 22.00 horas, e a festa volverá á praza Alcalde Segundo Durán con Planet Disco Móvil a partir das 00.00 horas.

O 22 de maio realizarase o almorzo no Centro Sociocomunitario, ás 10.00 horas, para se botar novamente á estrada con dirección ao Restaurante Valverde, onde se ofrecerá un aperitivo, ás 12.00 horas; regresarase logo ao Centro Sociocomunitario  para o xantar, ás 14.30 horas, así como para efectua-la entrega de trofeos e sorteo de agasallos.

Inscricións

As e os motoristas aínda están a tempo de se sumaren a esta cita mediante os teléfonos de contacto 636501322 e 616134404.

Post navigation

Previous: Alcaldes: Xabier Castro, Dodro
Next:  “Un mes e Pico” chega ao Pico Sacro con espeleoloxía e Lume Sagrado

Máis novas

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.