Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Rois

Pleno en Rois co lixo e o SAF como temas destacados

Rogelio Rivas foi designado de novo como como xuíz de paz titular substituto

Imaxe do pleno de Rois celebrado o venres 8 de maio

Rois, 12/05/2026 – O Pleno do Concello de Rois celebrou o pleno ordinario o pasado venres con temas como a xestión do lixo ou o servizo de axuda no fogar na orde do día. O alcalde, Ramón Tojo, explicou que o Concello chegou a un acordo con FCC para que siga recollendo o lixo no municipio mentres se saca a licitación este contrato.

O grupo socialista preguntou cal pode ser a duración deste período transitorio unha vez que Rois abandonou a Mancomunidade Serra do Barbanza. Ramón Tojo explicou que o 31 de marzo remataron os tres meses de prórroga concedidos pola Mancomunidade, e que se chegou a un acordo con FCC para seguir recollendo o lixo, con algunhas melloras no servizo. A previsión e que non prazo dun ano se poida ter rematada a licitación da recollida do lixo. “Queremos rematar este proceso o antes posible”, afirmou o alcalde.

Os grupo socialista tamén se interesou en este pleno polo proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, que se iniciou no mes de decembro. Ramón Tojo explicou que na reunión celebrada pola mesa de contratación en febreiro excluíuse a unha das empresas que se presentaron por non cumprir os requisitos.

Nestes momentos, a mesa de contratación está a espera de recibir o informe técnico coa valoración da oferta económica da única empresa que opta a realizar o servizo. Se todo está correcto e a licitadora presenta a documentación necesaria, a estimación é que no prazo dun mes podería estar adxudicado o SAF. A licitación sacouse por un período de 2 anos coa opción de prórroga dunha anualidade.

O pleno aprobou tamén por unanimidade designar de novo a Rogelio Rivas Míguez como xuíz de paz titular substituto. Esta era a proposta do ditame da alcaldía cos argumentos de que leva exercendo o cargo nos últimos anos e coñece a comunidade veciñal.

Post navigation

Previous: A banca segue abandonado o rural
Next: Pintas de Ciencia en Padrón

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.