Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Pleno en Compostela: onde está a bolita?

Nin xestión da auga nin cambios de nomes a colexios, o Pleno de Compostela párase e non saca a diante os asuntos.

Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r

Compostela, 27/02/2026 – Os plenos municipais deberían servir para resolver cuestións e case sempre é así. Sen embargo parece que certas cuestións en Compostela son a pedra de Sísifo e cando chegan ao pleno volven ao principio.

Resulta imposible resumir os plenos de Compostela, pola súa duración, nun artigo pero si podemos deternos nos dous puntos que marcaron a sesión de este xoves: auga e colexio Santiago Apóstolo.

Auga que non has de beber…

A xestión da auga en Compostela é un penitencia que, por algo que a veciñanza non sabe, tense que pagar; só así se explica todo o que leva pasado.

O pleno de onte foi un novo capítulo pero non o último. Para os desmemoriados lembramos que o único que se conseguiu nas últimas décadas foi construír a nova depuradora.

Impulsouse o proceso no mandato 2015 – 2019 sendo alcalde Martiño Noriega e o modelo elixido foi criticado por todo o mundo ata que non quedou máis remedio que aceptar que era unha boa solución.

Hai que comentar isto para lembrar que sempre é mellor facer algo que non facer nada.  Nas eleccións do 2019 Bugallo dicía que a licitación da xestión da auga a deixaran para despois das eleccións de acordo co Partido Popular para non enlamar os comicios. Pos o barro segue presente seis anos despois.

O resumo do sucedido e sinxelo. Creouse unha comisión para decidir cal modelo de xestión era mellor. Sen entrar en valoracións, a comisión decidiu cos votos a favor do Psoe e do PP que era a concesión. Lévase a pleno para que a decisión se formalice e o PP abstense polo que todo o traballo realizado nos últimos meses non serve para nada.

Borja Verea argumenta que “non pode deixar que xestione a licitación da concesión en mans de quen non cre en ela”.

A pregunta aparece de contado, entendemos que si Borja Verea chega a ser alcalde non fará nada no que non crea? Iso pode levar a que as peticións dunha boa parte da poboación queden no camiño ata que chegue alguén que os escoite.  Ao final o que prevalece non son as normas, son as valoracións persoais.

Colexio Santiago Apóstolo, autonomía si pero…

De novo na cuestión do cambio de nome do Colexio Santiago Apóstolo o que manda son as visións persoais e non a normativa.

Asociación de Pais e Consello Escolar deciden por unanimidade solicitar o cambio de nome do Colexio polo de Almáciga. Reunen a documentación e piden ao goberno local que o leve a pleno, requisito previo antes de que chegue á Consellería de Educación que é a que decide.

O posicionamento do Partido Popular foi claro desde o principio “o nome é un símbolo da cidade e o cambio afecta a toda a cidade”. Esquecen que no pleno non se toda a decisión de cambiar o nome, só se facilita que o colexio poda facer á petición á Consellería.

De novo aparecen preguntas. Si hai unha normativa clara que se cumpre desde o principio e o voto de un partido faise en función da valoración subxectiva dos seus concelleiros, non se está poñendo por riba das normas a opinión persoal? Máis aínda cando non se toma unha decisión e só se autoriza un trámite… que decida o lector.

A postura do grupo de non adscritos é similar. Consideran que se poden usar os dous nomes, que non hai necesidade de quitar nada e que e mellor “convivir”.

En este caso tamén se está deixando de lado á comunidade educativa que, despois dun proceso de dous anos, presenta unha proposta moi concreta. Non pregunta que vos parece? Di “queremos isto e precisamos que o tramitedes”.

Comeza pronto a campaña

Levamos en campaña electoral desde o inicio do mandato e aínda queda algo máis dun ano. O problema non é todo o ruído innecesario que se produce, é un xeito de facer política que a un lles convence e a outros non e coa que hai que convivir.

O problema e cando ese xeito de facer política paraliza avances. Cando accións concretas con consecuencias concretas que afectan á cidadanía quedan no camiño ata que alguén as poida recuperar.

O pleno pódese ver íntegro na canle de Youtube municipal

Post navigation

Previous: Noia inicia un Plan Económico-Financeiro
Next: Mes de marzo no Museo do Pobo Galego

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.