Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • eleccións 2019

Pleno de Organización no concello de Ordes

12-xullo-2019-Pleno-Ordes-PP-0-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Ordes, 13 de xullo do 2019 – O concello de Ordes celebrou o pleno de organización na que se aprobaron dedicacións, comisións, periodicidades e asignacións.
    • Composición

Ordes, 13 de xullo do 2019 – O concello de Ordes celebrou o pleno de organización na que se aprobaron dedicacións, comisións, periodicidades e asignacións.

Equipo de Goberno

O pleno celebrase de xeito ordinario os últimos xoves de cada mes ás 19.30 horas. No caso de que a xornada fose inhábil esta tería lugar o xoves anterior. Un acordo que non foi ratificado pola oposición ao non aceptarse o cambio horario solicitado para as 20 ou 20.30 horas. 

UXO

Todo o contrario sucedeu co seguinte punto da orde do día que establecía a creación e composición das comisións informativas permanentes e do consello da radio municipal. Por unanimidade (9 votos grupo do Goberno, 1 BNG xa que dous edís non puideron acudir, 2 PSOE, 3 UxO) aceptouse a constitución das comisións de Contas, Facenda e Persoal; Obras e Urbanismo; e Asuntos xerais do pleno. A súa composición será dun representante por cada grupo político aplicándose o sistema de voto ponderado e estando presididas polo alcalde ou ben un edil previa delegación.

Psoe

Un dos maiores puntos de debate foi o referente ás retribucións por dedicacións exclusivas ou parciais. José Luis Martínez Sanjurjo, rexedor e única figura con exclusividade laboral de todo o seu equipo, recibirá unha remuneración líquida de 2.503,93 euros mensuais (49.700 € brutos/ano en 14 pagas). Por outra banda dous edís, Abel Blanco Viqueira e José Antonio Cabeza Fraga, percibirán 992,43 euros (17.920 € brutos/ano en 14 pagas) por unha dedicación parcial de 20 horas semanais, mentres que Susana García Gómez pasará a  cobrar 1.450,24 euros (26.880 € brutos/ano en 14 pagas) por 30 horas.

Cada un dos grupos pediu explicacións do motivo polo incremento salarial do alcalde en arredor de 8.400 € brutos. Entre outros argumentos Martínez Sanjurjo fixo unha comparativa no gasto en soldos realizado polos anteriores gobernos de UxO e PSOE “e que deixa claro que proporcionalmente e a pesar de que xa transcorreron moitos anos, co que que iso supón de incremento na vida, este goberno sáelle máis barato a Ordes”.

Partido Popular

Seguindo coas contías económicas tamén quedaron aprobadas o importe das asistencias a órganos colexiados propostas polo grupo de goberno. Así quedaron establecidas en 150 euros a dos plenos, en 240 euros as da Xunta de Goberno Local e en 120 euros tanto as da emisora municipal como as informativas. In situ e improvisadamente decidiuse rebaixar as das xuntas de voceiros de 120 a 60 euros. As votacións neste punto reflectiron a negativa do BNG e UxO e a abstención do PSOE.

No que respecta á dotación dos grupos políticos da corporación en termos económicos o compoñente fixo sitúase en 350 euros mensuais e o variable, en función do número de membros de cada grupo, en 120 euros ao mes por cada concelleiro. Neste caso todas as forzas políticas votaron a favor da medida.

BNG

No que se refire á delegación de competencias da Xunta de Goberno Local a oposición volveu a rexeitar o plantexamento do grupo gobernante. Entre os cometidos máis destacados desta figuran o desenvolvemento da xestión económica de acordo co orzamento aprobado dispoñendo gastos dentro dos límites da súa competencia; aprobación da oferta de emprego público e cadro de persoal; aprobación de instrumentos para o desenvolvemento do planeamento, así como os de xestión urbanística e proxectos de urbanización, sempre que non sexan competencia do Pleno; outorgamento de licenzas; protección da legalidade urbanística; ditar ordes de execución; procedementos sancionadores etc.

Composición

Finalmente o alcalde informou da composición e distribución das concellerías, as cales quedarán distribuídas e representadas do seguinte xeito: Ana María Soneira Liñares (1ª tenente de alcalde), Medio Ambiente e Deportes; Xosé Manuel Mira Gómez (2º tenente de alcalde), Servizos e Mantemento; Xosé Manuel Rodríguez Méndez (3º tenente de alcalde), Medio Rural, Relacións Veciñais e Parques e xardíns; Pablo Vázquez Candal (4º tenente de alcalde), Exposicións, Eventos e Feiras e mercados; Yessica López Varela, Economía (5ª tenente de alcalde), Comercio, Industria e Turismo; Abel Blanco Viqueira, Cultura, Mocidade e Voluntariado; Susana García Gómez, Política Social, Igualdade, Educación e Traballo; José Antonio Cabeza Fraga, Obras e infraestruturas.

Ademais, resolveuse designar como membros da Xunta de Goberno Local aos edís Ana Soneira Liñares, Xosé Manuel Mira Gómez, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, Pablo Vázquez Candal e Yessica López Varela, sendo todos eles escollidos tamén como tenentes de alcalde.

Post navigation

Previous: La Casa Azul, La M.O.D.A,  Leilía, Milladoiro ou Budiño nas Festas do Apóstolo
Next: Novo vertido do polígono industrial no río Furelos en Melide

Máis novas

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026
2 minutes read
  • Ordes

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Ordes

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.