Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O pleno de Compostela segue mostrando a minoría do goberno

compostela-pleno-conta-xeral-slide-25-novembro-2024_r

A oposición do goberno municipal de BNG e Compostela Aberta segue empeñada en demostrar a minoría en cada pleno, decidindo en esta ocasión que facturas se pagan e cales non.

Imaxe de arquivo

O pleno ordinario de xuño deixou de novo á vista a posición dos distintos grupos. O PP exercendo de oposición dura, os non adscritos buscando un apoio que demostre que son necesarios e os dous edís do Psoe intentando buscar un difícil equilibrio.

O exemplo máis claro é o recoñecemento extraxudicial de crédto que permitiría pagar o que se lle deben a dúas empresas de transporte. Tralusa e Rías Baixas fan agora a maioría dos servizos, é difícil negas que fixeran o traballo pero critícase que non houbera unha fiscalización previa e dubídase dos custos.

O PP votou en contra de ese pago e os non adscritos abstivéronse nunha demostración de poder fronte ao goberno municipal. Eses votos fixeron que o punto fora rexeitado. O goberno Municipal explica que os expedientes se iniciaron en tempo e forma, que complicacións co persoal retrasaron o expediente e que de non facerse igualmente deixaríase de prestar o servizo.

Outros dous recoñecementos extraxudiciais si foron aprobados cos votos de BNG, Compostela Aberta e Psoe e a abstención de PP e non adscritos. Máis de un millón de euros que irán na súa maioría a pequenas empresas, asociacións e autónomos.

Declaración LGTBQ+

O pleno aproba unha declaración con motivo do día do orgullo na que se reafirma o compromiso institucional coa defensa dos dereitos das persoas LGBTIQ+.  A Corporación se reafirma no apoio municipal ás mobilizacións e actos convocados polo movemento LGBTIQ+ no 28 de xuño, “recoñecendo o seu valor como ferramenta de visibilización e loita polos dereitos humanos”. O Pleno arrancou ademais  cun minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista.

Noutra orde de cousas, tamén se aprobou a proposta da Alcaldía para a concesión de títulos, honras e distincións ao Irmán Mariano; ao último alcalde de Enfesta, Manuel Balado; e ao sindicalista Ramón Reboiras. O punto recibiu o voto favorable de BNG, CA, PSOE, concelleiro e concelleiras non adscritas e a abstención do PP.

Outros asuntos

No pleno de hoxe tamén se aprobou por unanimidade a proposición para impulsar a reserva de contratos reservados a centros especiais de iniciativa social e a empresas de inserción, presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE; así como a moción para instar ao Goberno do Estado a dar cumprimento á disposición adicional sexta da Lei 21/2021, de 28 de decembro, e realizar unha auditoría independente das contas da Seguridade Social presentada polo BNG, CA e concelleiro e concelleiras non adscrito/as.

Post navigation

Previous: Os axentes ambientais critican á Xunta por incumprir os acordos asinados
Next: O máis lido en Lindeiros do  23 ao 27 de xuño

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.