Compostela, 10 de xullo do 2017 – A plataforma SOS Sanidade Compostela reuniuse coa Xerencia de Área nun encontro cualificado de cordial e que deixa a maioría de cuestións a espera de resposta.
Por parte da plataforma SOS Sanidade asistiron Xosé Mª Dios Diz, voceiro e M.ª Xosé Abuín, vicevoceira. Por parte da Xerencia estiveron presentes a máxima responsable Eloína Núñez Masid Antonio Alvarez Carcía: director de procesos asistenciais, Celia M.ª Saiz Rubio, directora de recursos humáns e Estrella Lopez Pardo, subdirectora de calidade e atención o paciente.
Unha das principais demandas da plataforma SOS Sanidade e a creación do Consello de Saúde de Área de Santiago que debería estar en funcionamento desde o 2008. A resposta da Xerencia foi que se falará coa Consellería para valorar como facelo.
O peche de camas en verán, a previsible masificación do PAC, das urxencias e dos centros de saúde na vindeira campaña da gripe e as listas de agarda son todos temas que quedaron a espera de resposta e de todos eles só o peche de camas será respostado por escrito.
Un dos temas que a plataforma SOS Sanidade levou a reunión e que é unha constante nos debates que se producen entre os usuarios é a situación dos médicos que compaxinan a sanidade pública coa privada e sobre os que a lei di que non poden traballar de xeito privado para pacientes incluídos na área pública na que prestan servizo. A xerente interesouse no tema e dixo que contestará.
Outro dos cabalos de batalla habituais da plataforma SOS sanidade e o das agullas de inxección de insulina e a mala calidade das mesmas que provocan inchazóns, hematomas e que incluso as veces rompen. Estas agullas foron xa cambiadas en 5 comunidades autónomas mentres que aquí, en novembro pasado, renovouse o contrato a empresa suministradora. A xerencia unha vez máis dixo que falará coa Consellería e contestará pero non avanzou ningunha solución.
Outros temas tratados foron os plans para a atención das persoas sen teito, os problemas de aparcamento nos hospitais da área ou o elevado custo da televisión nas habitacións. A plataforma SOS Sanidade Compostela idxo que fora unha reunión cordial aínda que polo momento non obtiveron respostas e avogaron por que estes encontros se repitan de xeito periódico.
