Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Pixel á Feira, éxito do I Salón de Videoxogos de Galicia

pixel a feira resumo 10 novembro 2025 (1)

Organizado pola Deputación da Coruña co apoio do concello de Santiago, Pixel á Feira congregou durante a fin de semana a milleiros de persoas no Palacio de Congresos.


Píxel á Feira, o primeiro salón galego dedicado en exclusiva ao videoxogo en Galicia, viviu unha fin de semana de éxito en Santiago de Compostela. O Palacio de Congresos estivo cheo case desde primeira hora para descubrir o pasado, o presente e o futuro desta industria en Galicia.

Organizado pola Deputación da Coruña, que reafirma a súa vontade de impulsar unha industria en crecemento,  Pixel á Feira converteuse nun punto de encontro entre público, profesionais e novas xeracións de creadoras e creadores.

Máis de cincuenta proxectos feitos en Galicia protagonizan unha mostra que combina exposicións, zona interactiva, charlas, concertos e torneos abertos a todas as idades.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, achegouse a Pixel á Feira, nunha visita na que compartiu coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e co comisario do evento, Iago Gordillo.

Regueira salientou “a gran resposta do público desde as primeiras horas” e insistiu “na necesidade de que as persoas que traballan neste sector en Galicia conten con máis apoio administrativo para xerar un nicho de emprego de calidade”.

Certame de videoxogos

Regueira participou tamén na entrega de premios do I Certame de Videoxogos en Galego da Deputación da Coruña. Os galardóns recaeron en “Numbra“”, de DigiPen Europe-Bilbao, premio ao Mellor Videoxogo; “Cartas á Lúa” (“Mail to the”Moon”), de Michiños Fofiños, na categoría de Mellor Apartado Artístico; e “Basureroes: Invasion”, de Javs Game Studios, premio ás Mellores Mecánicas.

O xurado estivo formado por Eva Farto, programadora e divulgadora galega recoñecida polo seu labor como “podcaster”; Ramón Méndez, docente e investigador da Universidade de Vigo, con máis de dúas décadas de experiencia na industria, e Isi Cano, doutora en Arte Contemporáneo, creadora e docente especializada en videoxogos e deseño multimedia.

Deixamos o vídeo resumo que Lindeiros fixo na mañá do sábado e no que aparecen algúns dos talentos emerxentes no videoxogo en Galicia ademais de algunhas das organizacións impulsoras da industria.

Post navigation

Previous: A campaña do 25N en Santiago pon o foco na violencia dixital
Next: Touro contrata á avogada especialista en asesoramento medioambiental Ana Barreira

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.