Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Padrón

Pintas de Ciencia en Padrón

O concello participa por primeira vez no festival internacional Pintas de Ciencia (Pint of Science) que mestura a festa no bar coa ciencia explicada.

Cartel das xornadas Pintas de Ciencia en Padrón

Padrón. 13/05/2026 – O Concello de Padrón súmase por primeira vez ao festival internacional Pintas de Ciencia, convertendo a vila durante tres días nun punto de encontro entre ciencia e cidadanía. O festival transforma varios establecementos de hostalería en escenarios nos que compartir coñecemento científico dunha forma próxima, participativa e aberta a todos os públicos.

A iniciativa, que se desenvolverá entre o luns 18 e o mércores 20 de maio, terá lugar en catro locais emblemáticos de Padrón: Reina Lupa, Sociedade Cultural Padronesa (Casino), Pulpería Rial e Alfolí.

Pintas de Ciencia conta ademais coa colaboración de Amipa, de Agadea e de A Pementeira, configurando un programa variado no que a ciencia sae dos laboratorios para sentarse directamente á mesa do bar.

As charlas terán un marcado selo local e divulgativo, con propostas tan suxestivas como Pementos… de Padrón ou de Herbón?, de Rubén Boga González; a análise dos lumes forestais en Galicia na conferencia Poden os incendios queimar o mar?, de Alberto Gutiérrez Barral, ou contidos sanitarios e de vangarda como Detectives de proteínas: medicina personalizada, de Diana Carolina Castro Fernández, e Órganos en chips que collen na palma da túa man, de Andrés da Silva Candal.

Neste mesmo ámbito sociosanitario destaca tamén a charla Rehabilitación xeriátrica con realidade virtual, de Abraham Trashorras Rivas, que amosa como as novas tecnoloxías están revolucionando os procesos de rehabilitación e atención ás persoas maiores. A actividade contará ademais coa exemplificación do servizo de atención temperá que Agadea presta en Padrón, xa que o investigador presentará nesta entidade o funcionamento e aplicación práctica do seu estudo.

A programación complétase cunha mirada social da ciencia con propostas como Educación social, participación e asociacionismo, de Aida Lorenzo Campos, e O lecer como ferramenta socioeducativa, de María Aguión Lamas.

O Concello de Padrón aproveitará a presenza e actividade do equipo voluntario do Pint of Science para impulsar unha programación paralela de obradoiros destinados a diferentes idades. Para o público infantil desenvolveranse os talleres Un día na Terra: a incrible historia da vida e A máquina perfecta: explorando o corpo humano, mentres que para o público adulto haberá un taller de creación de totebags científicas impartido por Amipa.

A programación lúdica completarase cunha sesión de Xoguemos ao Trivial, demostrando que tamén se pode aprender entre preguntas e risas. Para participar en todos os obradoiros será necesaria a inscrición previa, agás no caso do Trivial.

A programación completa por días

AS Pintas de Ciencia de Padrón arrancará o luns 18 de maio cunha primeira xornada na Parrillada Reina Lupa. Ás 18.30 horas, Aida Lorenzo Campos falará sobre Educación social, participación e asociacionismo, mentres que María Aguión Lamas farao sobre O lecer como ferramenta socioeducativa.

Ás 20.00 h terá lugar o relatorio Órganos en chips que collen na palma da túa man, a cargo de Andrés da Silva Candal, e ás 21.00 celebrarase a actividade lúdica Xoguemos ao Trivial.

O martes 19 a divulgación científica trasládase ao Bar Casino e á Cafetería Alfolí. O primeiro acollerá ás 17.30 h o obradoiro infantil Un día na Terra: a incrible historia da vida e, ás 19.00 h, a conferencia de Alberto Gutiérrez Barral Poden os incendios queimar o mar?.

Pola súa banda, o segundo establecemento hostaleiro será escenario da charla Rehabilitación xeriátrica con realidade virtual, que impartirá Abraham Trashorras Rivas.

Xa o mércores 20, o último día do Spint of Science Padrón arrancará ás 11.30 h no Auditorio Municipal de Padrón co obradoiro para adultos de Amipa A túa totebag científica.

Logo, o programa continuará na Pulpería Rial, que ás 16.30 h acollerá o taller infantil A máquina perfecta: explorando o corpo humano.

Ás 18.00 h poderemos asistir ao relatorio Detectives de proteínas: medicina personalizada, de Diana Carolina Castro Fernández, e ás 19.00 h á charla Pementos… de Padrón ou de Herbón?, de Rubén Boga González.

Desde o Concello anímase á veciñanza e aos visitantes a participar nesta proposta internacional que busca demostrar que a ciencia tamén se pode compartir arredor dunha mesa, nun ambiente próximo, aberto e participativo.

Post navigation

Previous: Pleno en Rois co lixo e o SAF como temas destacados
Next: Chega o Banquete do ano, o de Conxo

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.