Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • O Pino

O Pino terá que devolver o cobrado polo saneamento

Suspéndese a ordenanza que regula os prezos ao comprobar que o estudo económico non se axusta á realidade

Terreos da nova deputradora de O PIno

Terreos da nova deputradora de O PIno

O Pino, 4/05/2026 – O concello do Pino viuse obrigado a deixar sen efecto a  ordenanza que regula as tarifas de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e saneamento. Comprobou que o estudo económico financeiro para calcular os gastos da nova depuradora de Arca non se axusta a realidade e están moi por riba dos reais.

O alcalde, Manuel Taboada, anuncia que a medida terá efecto retroactivo a 1 de xaneiro deste ano, e adianta que “as cantidades que se lle cobraron de máis aos aboados no recibo do primeiro trimestre vánselle compensar nos seguintes trimestres”.

“Faremos unha nova ordenanza para fixar os prezos do abastecemento de auga, que serán similares aos actuais e beneficiosos para os pequenos consumos domésticos”, asegura Manuel Taboada.

Respecto da taxa de depuración (saneamento e sumidoiros).

O alcalde anuncia que “o Concello vai asumir durante un ano os gastos de funcionamento da nova depuradora de Arca para coñecer os custos reais do seu mantemento durante os doce meses. Con estes datos reais aprobaremos unha nova ordenanza o vindeiro ano”, afirma.

Esta semana decidiuse deixar en suspenso a actual ordenanza despois de varias reunións coa empresa de enxeñaría que fixo o estudo económico financeiro da EDAR; tras analizar e comparar moitos dos recibos remitidos á veciñanza no mes de abril, e despois de comprobar que os gastos que ten a depuradora son menores aos estimados en 2025.

O estudo económico financeiro fíxose no verán pasado, cando a depuradora levaba só un par de meses funcionando, “de aí que se estimasen uns gastos de funcionamento que agora vemos son moi superiores aos que realmente custa a EDAR de Arca, como comprobamos nas reunións que mantivemos esta semana”, di Taboada. Este é un dos motivos principais polos que o goberno local deixa sen efecto a actual ordenanza.

Tamén se detectaron erros nos recibos que a empresa que xestiona o servizo lle remitiu algúns aboados. Por exemplo, “á veciñanza de Santiso (Castrofeito) e á de Castelo e de San Sadurniño (Cebreiro), cobróuselles a taxa de saneamento, cando as súas casas non están conectadas a depuradora de Arca e, polo tanto, non correspondía aplicarlla”, sinala Taboada.

Nova ordenanza so para abastecemento

Agora, o Concello vai aprobar “o antes posible” unha nova ordenanza para establecer o prezo do abastecemento de auga. “Será moi similar a que acabamos de anular, queremos que non sexa superior a actual e que beneficie a pequenos consumidores de uso doméstico”, asegura Manuel Taboada.

Esta nova ordenanza establecerá só os prezos do abastecemento de auga potable. A taxa de saneamento fixarase o vindeiro ano, despois de analizar durante 12 meses os custos reais da depuradora de Arca.

Compensación de recibos

Como xa se cobrou o recibo do primeiro trimestre, o Concello compensará nos vindeiros trimestres a parte que cada aboado pagou de máis. É probable que “nos próximos recibos haxa familias que non paguen nada polo abastecemento de auga, ata que se compensen totalmente o que pagaron a maiores no recibo que se pasou a cobro en abril”, aclara Taboada.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo presenta a programación do mes de maio
Next: A Fundación Granell inaugura este mércores “Masides”

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.