Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Xeral

O Pino aproba un orzamento de 5,86 millóns para o 2026

O Concello do Pino dedicará o 20% dos orzamentos  a protección e promoción social e 1 de cada 5 euros a investimentos.

o pino orzamentos slide 10 decembro 2025

A Corporación do Pino aprobou o orzamento do Concello para 2026 cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (BNG e PSdeG). As contas ascende a 5,86 millóns de euros e teñen  “un claro enfoque nos servizos públicos, a protección social e o desenvolvemento de infraestruturas”.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, cualificou as contas de “estables, sostibles e sen débeda coas entidades financeiras. Presentamos unhas contas saneadas, o que amosa o compromiso do equipo de goberno cunha política de gasto eficaz, mantendo uns servizos públicos de calidade que benefician a toda a cidadanía”.

O capítulo máis importante de gastos e o destinado a financiar bens correntes e servizos que se prestan á veciñanza, de 3,39 millóns de euros, o que representa máis da metade do orzamento. Dentro deste apartado, para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e a protección social primaria resérvanse 935.955 euros.

Para investimentos reais, o Concello do Pino reserva 1,11 millóns de euros para o vindeiro exercicio, aos que hai que engadir os 182.000 euros que debe aportar o Concello para a humanización da rúa dos Mollados e a de Forcarei (a Xunta financia os 424.00 euros restantes e encárgase de executar as obras).

Os gastos de persoal representan un 14,28% das contas, 0,83 millóns de euros. O incremento nesta partida respecto ao orzamento deste ano ven motivado polo incremento das retribucións contempladas para o sector público que establece o goberno central.

Casa consistorial do Pino

As transferencias correntes ascenden a 219.000 euros e inclúen tanto as axudas de asistencia social primaria para a veciñanza como as achegas previstas para o fomento da natalidade. Polo que respecta aos ingresos, durante o ano 2026 o Concello do Pino recibirá 3,18 millóns pola participación nos tributos do Estado e no fondo de cooperación local da Xunta, sendo estas transferencias correntes a partida máis importante de este capítulo.

Os impostos directos para o vindeiro exercicio estímanse en 1,5 millóns de euros, e as taxas e prezos públicos en 601.500 euros. As transferencias de capital ascenden a 576.424 euros para o vindeiro exercicio.

Segunda fase do POS+ Adicional 4

No Pleno tamén se aprobaron por unanimidade dous proxectos para incluír no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal da Deputación da Coruña. A segunda fase do POS+ Adicional 4/2025 conta cun orzamento conxunto de 227.599,56 euros.

A Corporación aprobou o proxecto para construír unha senda peonil do cruce de Casal ata a Igrexa de San Breixo, e que tamén inclúe a mellora da capa de rodaxe e do acceso á igrexa de San Breixo, cun orzamento total de 150.429,91 euros.

A outra obra que se inclúe nesta segunda fase do POS+ Adicional 4 e a mellora dos accesos a Vilarmeao (en Cerceda), que conta cun orzamento de 94.068,22 euros.

Post navigation

Previous: Reforzo de atención especial no CPI Viaño Pequeño
Next: A Pobra presenta “volve o Nadal, volven as Caramiñas”

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.