Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

Nove entidades ecoloxistas convocan unha mobilización na Ponte Medieval de Pontevea baixo o lema "Salmón vivo, Ulla vivo!".

Cartel concentración contra a pesca do salmón

Compostela, 07/05/2026 –  ADEGA, AEMS-Ríos con Vida, Sociedade Galega de Historia Natural, Federación Ecoloxista Galega, Asociación Lobo, A Ulla Viva e as plataformas Ulloa Viva, En Defensa da Ría de Arousa e Mina Touro-O Pino Non anunciaron a interposición de recurso e a convocatoria dun acto de protesta contra a autorización da Xunta do campionato de pesca do salmón con morte que terá lugar o domingo, 10 de maio, en catro coutos do río Ulla.

A concentración terá lugar este sábado, 9 de maio, na Ponte Medieval de Pontevea (Teo e A Estrada), baixo o lema “Salmón vivo, Ulla vivo!”, e ten como obxectivo reclamar a suspensión inmediata do evento.

As entidades consideran o concurso de pesca de salmón “manifestamente incompatible” coa crítica situación desta especie, que se atopa ao bordo da extinción en Galiza. Así pois, as convocantes chaman a mobilizarse en defensa do río Ulla e da ría de Arousa fronte ao que consideran unha agresión máis aos seus ecosistemas.

Segundo denuncian, a Xunta mantén unha contradición evidente: a través da Orde de 11 de decembro de 2025 que establece as normas para a pesca continental na actual tempada, a administración vedou o salmón en todos os ríos dado o catastrófico estado das súas poboacións, mais mantivo como única excepción á súa captura este “campionato” de pesca en catro coutos do río Ulla. “É unha decisión arbitraria e carente de base científica”, denunciou ante os medios o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas.

Pola súa banda, o presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido (Xocas), denunciou que a deficiente calidade das augas do río Ulla pon en perigo o salmón e tamén sectores en risco de desaparición coma o das mariscadoras e bateeiras.

“A Xunta, en tanto que responsable desta calidade, ten que asumir xa a realidade”, concluíu. Desde a Plataforma Mina Touro-O Pino Non, a portavoz Obdulia Lareo, puxo sobre a mesa os impactos da mina sobre as poboacións de salmón no Ulla, en cuxas escamas se teñen detectado altos niveis de cobre. “O Ulla non é un vertedoiro industrial. Estas minas só deixan miseria no río e na ría de Arousa. Non destruamos máis o pouco salmón que queda”, asegurou.

Interposición de recurso de Alzada

Neste contexto, as organizacións anunciaron tamén a interposición dun recurso de Alzada contra a resolución da Dirección Territorial de Pontevedra que permitíu esta excepción á veda, ao tempo que solicitaron a suspensión cautelar do evento ao abeiro do Decreto 88/2007, que regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

As entidades lembran que en xaneiro pasado promoveron a inclusión das poboacións galegas de salmón atlántico (Salmo salar) no citado catálogo coa categoría de “En perigo de extinción”, unha proposta actualmente en tramitación e que aínda non recibíu resposta por parte da Xunta.

De acordo coa normativa, esta situación permitiría adoptar medidas cautelares de protección, como a paralización de calquera actividade que poida prexudicar a especie. Ademais, as entidades veñen de coñecer que Medio Ambiente denegou as medidas cautelares solicitadas por consideralas “improcedentes”.

O salmón atlántico é unha das especies máis emblemáticas dos ríos galegos, pero leva décadas en acusado declive. Segundo o Atlas do Salmón Atlántico en España (Ministerio para a Transición Ecolóxica, 2021), as poboacións galegas reducíronse en conxunto máis dun 80% desde a década de 1970. Ademais, pasouse de máis de 20 ríos históricos con presenza reprodutora a menos de 8 na actualidade, moitos deles con poboacións moi reducidas e illadas. Precisamente, un recente estudo da Sociedade Ibérica de Ictioloxía apunta datos aínda máis preocupantes para o salmón: a súa presenza no Lérez reduciuse un 94,8%, e no Ulla un 77,9% nos dez últimos anos.

Campaña #AlertaSalmónGalego

A concentración do vindeiro sábado 9 en Pontevea enmárcase na campaña #AlertaSalmónGalego, que mantén activa a súa recollida de sinaturas para esixir á Xunta que declare o salmón “En perigo de extinción” e desenvolva un plan de recuperación efectivo. As organizacións impulsoras desta campaña, ADEGA, AEMS-Ríos con Vida, Sociedade Galega de Historia Natural, Federación Ecoloxista Galega e Asociación Lobo, rexistraron recentemente ante a Xunta máis de 2.500 sinaturas de apoio, recollidas en pouco máis dun mes, o que consideran unha mostra do aval social á protección desta especie. “As administracións teñen a obriga de actuar con responsabilidade e baseándose na evidencia científica. Non se pode permitir a captura dunha especie en perigo crítico baixo ningún pretexto”, concluíu o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas. As entidades fan un chamado á cidadanía a participar na concentración do 9 de maio e a apoiar as iniciativas en defensa do salmón e dos ríos galegos. Apelan tamén á responsabilidade dos colectivos de pescadores participantes no concurso, para que fronte ao desleixo da Xunta, renuncien a pescar salmón.

Post navigation

Previous: Teatro do Noroeste estrea en Brión “Polo de Franco”
Next: Preocupación pola falta de persoal no grupo de emerxencias de Brión

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.