Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino

Piden a retirada de xel hidroalcohólico repartido polo concello do Pino

O Psoe do Pino pide a retirada de xel hidroalcohólico repartido polo concello xa que non cumpre a normativa obrigatoria.
o-pino-xel-hidroalcoholico-slide-15-marzo-2021_r

O Pino, 15 de marzo do 2021 – O Psoe do Pino pide a retirada de xel hidroalcohólico repartido polo concello xa que non cumpre a normativa obrigatoria.

O grupo socialista do Pino lembra que as condicións de estes xeles figuran estipuladas no Anexo V do Regulamento 528/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, de 22 de maio de 2012, relativo á comercialización e uso de biocidas. Normativas que se poden consultar na web da AEMPS.

Os socialistas denuncian que  o concello de O Pino doou xel hidroalcohólico entre os distintos establecementos, comercios locais, escola unitaria de Gonzar e CPI, etc…, “que non está homologado como biocida, que carece do etiquetado que esixe a normativa, e que pode estar a dar unha falsa sensación de seguridade entre a veciñanza”.

Afirman tamén que o produto que repartiu o concello carece da autorización da Axencia Española de Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS), posto que nin a marca nin o fabricante figura na lista que ten publicada este organismo. “Podemos entender que fai un ano, coincidindo co inicio da pandemia, e dada a escasa oferta deste tipos de produtos, se puidera cometer este tipo de erro, o que non entendemos e que un ano despois siga existindo este produto nas fontes de xel públicas e nos distintos establecementos, cando o Alcalde é coñecedor dos requirimentos feitos polas autoridades sanitarias a algún dos establecementos do noso pobo, e a solución que adoptou: a calada por resposta” apuntan. 

Ante estes feitos os Socialistas locais veñen de solicitar por escrito a inmediata retirada do falso xel, e a reposición por unha solución hidroalcohólica avalada, pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), con eficacia viricida demostrada.

Post navigation

Previous: Reclaman da Comisión Europea que revise como afecta a autovía da Estrada á Rede Natura
Next: Cesareo Pardal presidente do Cluster do Galicia: “o que necesitamos é unidade” (audio)

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Un momento da sesión plenaria no concello do Pino
4 minutes read
  • Xeral

O Pino cobrará o recibo da auga cada 2 meses e apraza a taxa de sumidoiros

Imaxe da Ponte das Canizas no concello do Pino
2 minutes read
  • Xeral

Alertan do perigo de derrube da Ponte das Canizas no Pino

Terreos da nova deputradora de O PIno
3 minutes read
  • Xeral

O Pino terá que devolver o cobrado polo saneamento

o pino boqueixon mellora conexion 14 arzo 2026jpg (1)
4 minutes read
  • Boqueixón

Mellora da comunicación entre Boqueixón e O Pino

O Pino: Divertidas propostas no desfile de Entroido
3 minutes read
  • Axenda

O Pino celebrará o seu primeiro desfile de Entroido

O Pino: O pleno ordinario aproba por unanimidade o POS+ para gasto social extraordinario en 2026
2 minutes read
  • O Pino

O Pino recorre ao POS+ para manter o SAF

o pino orzamentos slide 10 decembro 2025
2 minutes read
  • O Pino

O Pino aproba un orzamento de 5,86 millóns para o 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.