Frades, 27 de abril do 2021 – O Psoe de Frades reuniuse cos seus representantes no Parlamento para buscar apoios que impidan que se elimine a prestación de servizo médico na parroquia de Abellá.
O voceiros socialista de Frades, Enrique Astray, reuniuse coa deputada autonómica Begoña Rodríguez Rumbo para denunciar a decisión da Xunta de Galicia de eliminar este servizo.
Abellá é o segundo núcleo de poboación do concello de Frades. O municipio ten unha poboación de 2.302 habitantes dos que o 32% teñen máis de 65 anos. Según os socialistas o goberno da Xunta nos últimos anos ” non ten invertido nin un só euro no concello”.
O Psoe mostra o seu malestar pola intención deo ente autonómico de “desmantelar os poucos servizos públicos de competencia autonómica cos que conta, contando co silencio cómplice do goberno municipal de Frades”.