O Pino, 29 de xaneiro do 2019 – O voceiro dos Socialistas de O Pino, Óscar Vilar, vén de rexistrar, por segunda vez nos últimos catro anos, que se tabique o acceso o antigo depósito de auga da parroquia de Arca.
Trátase dun depósito, situado na Rúa do Muiño en Pedrouzo-Arca, sen uso dende fai máis de dúas décadas. A instalación é de competencia municipal e na actualidade atópase en estado ruinoso. O perigo xurde da súa situación, un lugar de moi fácil acceso para persoas e animais.
Esta antiga estrutura ten, no seu interior, varios fosos abertos sen ningún tipo de varanda nin protección similar. A situación non mudou dende finais do ano 2014, a última vez que o Grupo PSdeG PSOE de O Pino levou este asunto ó pleno, solicitando, como agora, o tabicado e posterior demolición.
O voceiro socialistas, Oscar Vilar, di non entender a desidia do Alcalde, “xa daquela denunciamos os mesmos feitos, agora, temos a obriga de reiterar a petición. Falamos dun lugar insalubre, e perigoso pola situación dos fosos” Tamén se pregunta “cantos anos precisa este concello para levantar unha pequena parede de ladrillo e redactar un proxecto para derruílo”.
Os socialistas aproveitan a solicitude, para indicarlle ó Alcalde que as administracións teñen o deber de cumprir a legalidade, dando así exemplo os seus administrados.