Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

Piden que as parcelas non vendidas de Ames se destinen a vivenda pública

O BNG levará ao pleno unha moción para que se constrúa vivenda pública nas parcelas de Ames non vendidas en puxa

Inha das parcelas que o BNG quere destinar a vivenda pública en Ames

Ames, 22/04/2026 – Para os nacionalistas de Ames, trátase dunha oportunidade de crear vivenda pública en Bertamiráns. O BNG lembra que segundo os proxectos actuais, Ames só disporía de vivenda pública no Milladoiro polo que levarán a pleno unha moción en este sentido.

A voceira do BNG de Ames explica que  “para a xente nova e as familias con ingresos medios é case imposible o acceso á vivenda polos prezos e porque a oferta dispoñible non cobre a demanda”. Pampín engade que isto aumenta a desigualdade e frea o crecemento ao marchar a xente a outros concellos.

 “Non falamos de números, falamos de xente que traballa en Ames e non pode vivir aquí, de parellas que atrasan proxectos vitais, ou de familias que destinan unha parte excesiva do seu salario ao alugueiro, por iso é necesario cambiar o enfoque das políticas de vivenda: aumentar a oferta accesible, promover vivenda pública e garantir prezos asumibles” subliña.

Esta demanda formaba parte das medidas solicitadas polo  BNG de Ames para a negociación dos orzamentos pero foi rexeitada polo goberno do PSOE argüíndo que os procedementos de alleamento se atopaban en licitación e non podían ser modificados. Agora os nacionalistas volven esixir que se  constrúa vivenda pública 

Na moción que o BNG de Ames levará ao pleno ordinario de abril, propoñen que estas parcelas de titularidade municipal se cedan á Xunta de Galicia para a promoción de vivendas de protección autonómica ou de Vivendas de Integración Social. 

Tamén a  promoción da súa licitación ou cesión en condicións favorables que permitan a participación de promotores privados para a construción de vivendas de protección oficial, garantindo en todo caso a limitación de prezos e o acceso a vivenda accesible.

 “A finalidade é garantir que calquera das opcións adoptadas priorice o acceso á vivenda da veciñanza especialmente da mocidade, persoas con baixos ingresos e colectivos en situación de

vulnerabilidade”, destaca Escarlata Pampín.

Post navigation

Previous: Levan ao Parlamento de Galicia a futura planta de residuos de Cacheiras, en Teo
Next: Artes, en Ribeira, acollerá o Bruón Folk Fest

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.