займ срочно

Piden máis control das festas nos pisos en Compostela

0

Compostela, 25 de agosto do 2020 – O Grupo Municipal Popular de Santiago pide ao goberno municipal a previr o problema das festas nos pisos ante o próximo inicio do curso universitario,

Os Populares consideran que en ese traballo deberían participar tamén a Universidade de Santiago de Compostela (USC), as autoridades sanitarias e os distintos corpos de policía. O grupo confía na responsabilidade do estudantado pero cre que se debe reforzar con recomendacións razoadas tendo en conta a crise sanitaria.

Festas en Pisos

Imaxe de Luís Pérez en Flickr

En todo caso o PP de Santiago lembra que ditas recomendacións poden ter que ser de obrigado cumprimento e polo tanto o concello ten que estar preparado para facelas cumprir. Tamén lembran que, ao marxe do que convén pola situación actual,  as festas universitarias en pisos, no caso de producir ruídos durante a noite, son susceptibles de ser sancionadas cunha multa de 200 euros polo que supoñen de menoscabo do dereito ao descanso dos veciños e de infracción da Ordenanza de Ruídos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies