Tordoia, 16 de novembro do 2021 – O portavoz dos socialistas de Tordoia, Tomás Castro, reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, con fin de trasladarlle varias demandas veciñais sobre lugares do concello.

O PSOE de Tordoia pediulle melloras na estrada provincial DP-5902 que une o núcleo de O Couto (parroquia de Lesta) e Pontepedra, co obxectivo de acondicionar o vial e elevar o gálibo da ponte que pasa sobre a antiga vía do ferrocarril. Tomas castro explica que “A día de hoxe, a altura non permite pasar aos vehículos pesados, agrícolas e tractores, polo que é necesaria unha reforma da infraestrutura”.
Por outra parte, os socialistas demandan unha senda peonil entre os núcleos de Tablilla e O Petón para mellorar a seguridade viaria dos veciños e veciñas que transitan por este vial.
O presidente da Deputación comprometeuse a estudar as demandas do PSOE de Tordoia co servizo de vías e obras provincial, xa que se trata de peticións comprensibles e que mellorarán a vida dos veciños.
“Agradecemos a receptividade do presidente González Formoso, que entendeu a necesidade das peticións das que falamos na reunión”, engadiu Castro.
